Walfredo de Friúl
Biografía | |
---|---|
Morte | 896 (Gregoriano) |
Outro | |
Título | Margrave |
Walfredo (ou Waltfredo), finado en 896, foi o conde de Verona e posteriormente o margrave de Friúl nas últimas décadas do século IX (891-896).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Walfredo foi unha das primeiras persoas en enfrontarse a Berenguer de Friúl no seu intento pola coroa de ferro da Lombardía logo da deposición de Carlos o Gordo en 887. Foi descrito como o seu "alto conselleiro" [1]. Era consiliarius e marchio nomeado por Carlos o Gordo e o maior magnate da Lombardía oriental despois de Berenguer. Mesmo logrou suceder a Berenguer en Friúl, aínda que se descoñece en que circunstancias e as opinións dos expertos están divididas.
Tería sucedido a Berenguer por nomeamento do mesmo ao redor de 890, cando Berenguer é mencionado por última vez como duque de Friúl[2]. Os Anais Fuldenses do ano 896, explican que Walfredo morreu no cargo e que gobernara en Verona con "gran fidelidade ao emperador", que significa Arnulfo de Carintia, especificando que a súa morte foi o momento elixido por Berenguer para reafirmar a súa pretensión á realeza logo da súa disputa con Arnulfo a comezos deste ano. Suxeriuse que Walfredo foi colocado no cargo de duque no canto de Berenguer, por Arnulf en 896, despois de que Berenguer se pasase ao bando de Arnulf a comezos deste ano [3]. Walfredo debería ter gobernado Friúl menos dun ano neste caso. Logo da súa morte en 896, o ducado foi dividido en catro condados.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Reuter, Timothy (trad.), The Annals of Fulda . (Medieval Manchester Series, IX Century Histories, Volume II) Manchester: Manchester University Press, 1992 (en inglés)
- MacLean, Simon. Realeza e política no final do século IX: Carlos o Gordo e o Fin do Imperio Carolingio . Cambridge University Press: 2003.