Wardenclyffe Tower
Wardenclyffe Tower | |
---|---|
![]() A Torre Wardenclyffe. | |
Edificio | |
Tipo | Laboratorio ![]() |
Localización | Shoreham ![]() |
Coordenadas | 40°56′51″N 72°53′53″O / 40.947583333333, -72.898194444444 |
Material usado | metal ![]() |
Dimensións | |
Altura | 57 m ![]() |
Implicados | |
Arquitecto(s) | Stanford White ![]() |
Creador | Nikola Tesla ![]() |
Patrimonio Cultural | |
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos | |
Data | 27 de xullo de 2018 |
Identificador | 100002744 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Torre Wardenclyffe, tamén coñecida como a Torre Tesla, foi unha torre-antena pioneira das telecomunicacións sen arames deseñada para a telefonía comercial transatlántica, retransmisións de radio e para demostrar a transmisión de enerxía sen cables conectores entre os anos 1901 e 1917. Cunha altura de 30 metros.[1] As instalacións centrais non chegaron a ser completamente operativas e o proxecto non se completou debido a problemas financeiros.
Historia
[editar | editar a fonte]A Torre recibe o seu nome en honor a James S. Warden, un banqueiro e avogado que comprara terreos en Shoreham (Long Island) a unhas 60 millas (96,5 quilómetros) de Manhattan. Aquí levantou unha comunidade coñecida como Wardenclyffe-On-Sound. Warden cría que coa posta en funcionamento do Sistema Mundial de Nikola Tesla, desenvolveríase unha "Cidade da Radio" na zona, e ofreceu a Tesla 200 acres (81 hectáreas) de terreo xunto a unha liña de ferrocarril para que construíse a súa torre de telecomunicacións e laboratorio. Warden planeou construír vivendas para 2000-2500 persoas que traballarían nunha fábrica producindo os dispositivos patentados de Tesla.[2]
Tesla conseguiu poñela en marcha en varias ocasións cun rotundo éxito[Cómpre referencia], pero en dúas delas as instalacións pasaron a potencia límite e arderon parcialmente. Durante a primeira guerra mundial foi destruída, xa que molestaba o despregue dos globos cativos, aínda que tamén se argumentou o feito de que podía servir como punto de referencia a submarinos alemáns.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nikola Tesla, o home que cambiou o mundo pero foi condenado ao ostracismo" (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2014.
- ↑ The Electrical World and Engineer (en inglés) 38. McGraw Publishing Company. 28 de setembro de 1901,. p. 510.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wardenclyffe Tower ![]() |