Wayra JaponAndes
Wayra JaponAndes | |
---|---|
![]() Wayra JaponAndes nun concerto en Cochabamba, Bolivia. | |
Orixe | ![]() ![]() |
Período | 2015 – presente |
Xénero(s) | J-pop, enka, anime en ritmos bolivianos Folclore de Bolivia e o Xapón |
Selo(s) discográfico(s) | ToTiMusic, LLC (2015-presente) |
Membros | Hiroyuki Akimoto Makoto Shishido Kohei Watanabe Takahiro Ochiai Mayuu Kobayashi |
Antigos membros | Kenichi Kuwabara |
Na rede | |
Wayra JaponAndes | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Wayra JaponAndes (ワイラハポナンデス?) é un grupo musical folclórico boliviano-xaponés fundado en 2015 e conformado por músicos xaponeses residentes en Bolivia.[1][2][3][4]
Historia
[editar | editar a fonte]A banda fundouse en 2015 con cinco membros xaponeses residentes en Bolivia e amantes da música boliviana tradicional: Hiroyuki Akimoto, Makoto Shishido, Kohei Watanabe, Takahiro Ochiai e Kenichi Kuwabara.[1][5] Cada un dos membros orixinais pertencía xa a unha banda, tal como o caso de Hiroyuki Akimoto, membro do grupo musical Anata Boliva, e Makoto Shishido, membro de Los Kjarkas.[3] A banda ten como base musical a fusión das culturas dos seus membros e o seu país de residencia, polo cal fan uso de instrumentos xaponeses e andinos para recrear diversas cancións dos xéneros Jp-op, anime, tradicionais bolivianas e xaponesas, entre outros.[4] As súas cancións usan o xaponés e o español, así como o aimará e o quechua sureño.[2] No 2016 a banda sacou o seu primeiro disco de nome Gracias Bolivia, a maneira de homenaxe ao país que actualmente os acolle. En 2019 Kenichi Kuwabara deixou a agrupación, incorporándose no seu lugar Mayuu Kobayashi. Ademais de concertos en diversas cidades de Bolivia,[6][7] a agrupación presentouse tamén noutros países de América Latina e o Xapón.
Membros
[editar | editar a fonte]- Hiroyuki Akimoto (秋元 広行?): voz principal, guitarra.
- Makoto Shishido (宍戸 誠?): charango.
- Kohei Watanabe (渡辺 康平?): guitarra.
- Takahiro Ochiai (落合 隆弘?): quenas, zampoñas, shakuhachi.
- Mayuu Kobayashi (小林 まゆう?): sanshin.
Discografía
[editar | editar a fonte]

Álbums
[editar | editar a fonte]- 2016: Gracias Bolivia (primeiro disco)
- 2017: Viva Bolivia (mini álbum)
- 2018: Viva Bolivia (segundo disco)
- 2019: Cristal (mini álbum)
- 2020: Esperanza (terceiro disco)
Temas
[editar | editar a fonte]- Guren no Yumiya, Shingeki no Kyojin opening (紅蓮の弓矢、進撃の巨人OP?)
- Si eres feliz y tú lo sabes aplaude así (幸せなら手を叩こう?)
- Invisible (目に見えないもの?)
- Poupelle de la Ciudad Chimenea (【映画】「えんとつ町のプペル」西野亮廣?)
- Mori no Kumasan (森のクマさん ワイラハポナンデス?)
- Omocha No ChaChaCha (おもちゃのチャチャチャ?)
- Esperanza (希望?)
- Avión de papel (日の紙飛行機?)
- Butter-Fly, Digimon opening (アニメ「デジモン」オープニングOP?)
- Cristal (クリスタル?)
- Bailando Popocorin (踊るポンポコリン?)
- Soran Bushi (Waca waca) (ソーラン節?)
- Super Mario Bros (スーパーマリオブラザーズ?)
- Pegasus Fantasy, Saint Seiya opening (聖闘士星矢OP?)
- Viva Bolivia (ビバ・ボリビア?)
- Tan solo tú (長い間?)
- Marco (草原のマルコOP?)
- La La La (ららら?)
- Privamera (春よ、来い?)
- La Fantástica Aventura, Dragon Ball opening (魔訶不思議アドベンチャーOP?)
- Juguete de Amor (抱いてセニョリータ?)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Agencia EFE. "Wayra JaponAndes, talento que une el folclore boliviano con la cultura nipona". Consultado o 7 de outubro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 Los Tiempos. "Wayra Japón Andes fusiona música de Bolivia y Japón". Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 Diario Opinión. "Makoto, el japonés que se enamoró de la música boliviana". Consultado o 17 de febreiro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 AERA dot. "「ドラゴンボール」も南米のリズムで! ボリビア発の逆輸入バンドが大人気". Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ Wayra JapónAndes. "Wayra JapónAndes: Grupo folklórico boliviano-japonés". Consultado o 13 de decembro de 2019.
- ↑ Embajada de Japón en Bolivia. "Segunda versión de la Semana de Japón en Facebook". Consultado o 11 de febreiro de 2021.
- ↑ Embajada de Japón en Bolivia. "Wayra JapónAndes en Concierto". Consultado o 13 de decembro de 2019.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wayra JaponAndes ![]() |