Welwitschia mirabilis
Welwitschia mirabilis Hook.f., do xénero monotípico Welwitschia Rchb., é o único xénero da familia das Welwitschiaceae, pertencente ás gimnospermas.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0f/Welwitschia_mirabilis0425.jpg/240px-Welwitschia_mirabilis0425.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9f/Probergrothius_angolensis_closeup_1.jpg/240px-Probergrothius_angolensis_closeup_1.jpg)
Localización
[editar | editar a fonte]Áchase en Angola e Namibia, é endémica do deserto do Namib, a cuxas condicións se atopa perfectamente adaptada.
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha planta desértica que crece dun tronco groso escindindo dúas únicas follas de crecemento continuo. Tras a xerminación, os cotiledones crecen 25-35 mm e vanse transformando nestas dúas follas. Despois de que estas aparezan, os capullos dos cotiledones emerxen e dentro deles dexeneran os extremos de crecemento causando a elongación dos capullos. É a única especie que non presenta traqueidas na estrutura interna do eixo caulinar. A especie reprodúcese por sementes, que deben manterse húmidas as dúas primeiras semanas e expostas á luz e á calor. É relativamente frecuente atopar nelas esporas de Aspergillus niger, que causa unha leve putrefacción despois da xerminación, polo que se tenta evitar en xardíns botánicos.
A especie é dioica e é difícil determinar a idade das plantas, aínda que se cre que poden chegar a vivir máis de 1000 anos, mesmo 2000.[cita [Cómpre referencia]
Crese que a planta absorbe a auga a través de estruturas peculiares nas súas follas que lle serven para aproveitar a rosada nocturno do deserto. O Dr. Friedrich Welwitsch descubriuna en 1860, considerándose unha das plantas máis raras que existen e bastante apreciada por coleccionistas. Está en perigo.
Símbolo
[editar | editar a fonte]Esta planta é un símbolo nacional en Namibia. A máis alta condecoración da República leva o seu nome: Orde da Antiquísima Welwitschia Mirabilis.
En Angola a Welwitschia mirabilis é denominada tombwa e unha cidade é chamada así.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Welwitschia mirabilis foi descrita por Joseph Dalton Hooker e publicado en The Gardeners' Chronicle & Agricultural Gazette 4: 71. 1862.[1]
12Welwitschia: o nome foi outorgado en honra do botánico austríaco Friedrich Martin Josef Welwitsch.
mirabilis: epíteto latín que significa "marabilloso, extraordinario"[2]
- Variedade aceptada
- Welwitschia mirabilis subsp. namibiana Leuenb[3].
- Sinonimia
- subsp. namibiana Leuenb.
-
Planta macho, estróbilos produtores de pole
-
Planta macho (detalle)
-
Welwitschia mirabilis femia, con estróbilos produtores de óvulos
-
Planta femia de Welwitschia mirabilis.
-
Proporción
-
Welwitschia mirabilis - MHNT
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Welwitschia mirabilis". Consultado o 14 de abril de 2014.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Welwitschia mirabilis en PlantList
- ↑ Welwitschia mirabilis en The Plant List/
- ↑ "Welwitschia mirabilis". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 15 de abril de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Welwitschia mirabilis ![]() |