Saltar ao contido

Wenceslao Orbea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWenceslao Orbea
Biografía
Nacemento(es) Wenceslao Orbea Alberdi Editar o valor en Wikidata
século XIX Editar o valor en Wikidata
Eibar, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de marzo de 1919 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor en Wikidata
Membro de

Wenceslao Orbea Alberdi, nado en Éibar, e finado o 6 de marzo de 1919, foi un avogado e político vasco.

Wenceslao Orbea foi letrado oficial da Deputación Foral de Guipúscoa e participou activamente na fundación da Caixa de Aforros Provincial de Guipúscoa, ó cabo, xunto coa Caixa de Aforros Municipal de San Sebastián formaría a Kutxa e a presente Kutxabank. Tamén participou na refundación da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País que tivo unha relevancia moi notoria na cultura e a arte así como nos estudos históricos vinculados co País Vasco.

Impulsou a industria guipuscoana e propuxo, en Oñate en 1918, a creación da Cámara de Industrias en Guipúscoa.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Wenceslao Orbea naceu na poboación guipuscoana de Éibar no País Vasco. Estudou dereito e incorporouse como letrado na Deputación Foral guipuscoana. Experto en foros e en tradicións do pobo vasco. Foi presidente do Consello de Administració da Caixa Provincial de Guipúscoa e da Industrial Orbea. Foi deputado provincial e a Cortes polo partido de Antonio Maura dende o 22 de abril de 1916 até o 10 de xaneiro de 1918. Finalmente, foi un dos impulsores do renacemento da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País.

Casou con Felisa Biardeau e tiveron catro fillos, Adelaida, Isabel, Manuel e Elisa. Morreu o 6 de marzo de 1919.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]