West coast swing
Aparencia
O West Coast Swing é un baile en parella de orixe norteamericana derivado do Lindy Hop. Báilase en liña (slot, en inglés) e caracterízase pola elasticidade dos movementos e por dar moita marxe á improvisación tanto para a persoa leader como para a follower.
Difusión global
[editar | editar a fonte]O West Coast Swing báilase en todo o mundo. É máis popular nos Estados Unidos, pero tamén en moitos países europeos.
World Swing Dance Council[1] é a organización que promove o estilo internacionalmente, regula os eventos oficiais e recoñece a puntuación das persoas competidoras.
En Galicia celébrase o evento Arousa Westie Fest[2] desde o ano 2022, sendo o primeiro evento rexistrado no WSDC da Península Ibérica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ World Swing Dance Council https://www.worldsdc.com/
- ↑ Arousa Westie Fest https://arousawestiefest.com/