Saltar ao contido

Wikipedia:A Taberna (técnica)/Arquivo 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (técnica) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18

Tratamento da información bibliográfica.

[editar a fonte]

Co esforzo que supón para min isto de entender a necesidade de referenciar a información aportada aos artigos, víñenme decatar de que a miña mente analóxica aínda está na vella dinámica de usuario de biblioteca que consultaba fichas de cartón mecanografadas.

Porén, ainda que traballamos con ferramentas informáticas e que quen fan o traballo son os electróns, que non cobran, comezo ter a sensación de que se poderian facer algunhas cousas que aproveitaran esa capacidade para mover datos de acó para aló que nos dan esas ferramentas. Pero claro, só é unha sensación, e espero que haxa alguén que me saiba decir se ando moi errado.

Concretando, a miña dúbida é a seguinte: entra dentro do posible crear algunha especie de base de datos que recolla toda a bibliografía mencionada nos artigos, de xeito que, a partir dela, se poida acceder a todos os artigos nos que foi referenciada? O mesmo para as ligazóns exteriores, ainda que iso xa o vexo máis problemático, por aquilo da caducidade dos sitios web. Por decilo doutro xeito, sería como dar unha especie de acceso inverso: non dende a materia ao libro, como adoita ser, senon dende o libro ás varias materias ás que serve.

Se cadra isto xa existe, ou se cadra non existe pero non hai xente dabondo para facelo, ou ninguén que saiba cómo facelo, que unha cousa é ter a idea e outra facer callo.

Coidarse. --Xoacas(Qué me queres, amor?) 02:47, 11 xaneiro 2010 (UTC)

Pois a verdade creo que none xiste tal cousa, e non sei se hai xeito de facela. Supoño que se pode propoñer, agora que a wikipedia está cun deseño en Beta, aquí [1]. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 13:17, 11 xaneiro 2010 (UTC)
Existe algo neste sentido na Wikipédia em inglês. Eles usam a en:Template:Cite doi para fazer certos tipos de citações. A predefinição possui mais de 8000 subpáginas, uma para cada citação. Com isso, o robô Citation bot é capaz de completar as referências feitas nos artigos, e também é possível usar a página como en:Special:WhatLinksHere/Template:Cite_doi/10.1002.2Fajim.20286 para ver quais artigos usam cada referência.
Outra coisa comum é a criação de uma predefinição contendo a referência a um certo livro. As da Wikipédia inglesa estão na en:Category:Specific-source templates e suas subcategorias. Por exemplo, na área de matemática quando vão citar o livro de Álxebra do Serge Lang, eles podem usar a en:Template:Lang Algebra. Quando isso é feito, fica fácil obter uma lista de artigos que citam aquele livro: en:Special:WhatLinksHere/Template:Lang_Algebra. Helder 00:35, 15 de outubro de 2010 (UTC)
  • Certamente, o único que se me ocorre é revisar páxina por páxina do A ao Z todos os artigos e ir copiando todas as fontes. Non creo que haxa ningún medio técnico automático que o poida facer. --Toliño Fala aquí comigo 13:28, 11 xaneiro 2010 (UTC)
  • Ás veces, cando a referencia é un autor ou un libro dese autor, poño o nome entre corchetes; dese xeito, mirando en "páxinas que ligan con esta", pódese ter unha aproximación de que artigos utilizan un libro de referencia. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:38, 11 xaneiro 2010 (UTC)

Canto costa ser orixinal. Ben, mirarei de poñerme ao día con isto dos modelos, a ver se algún día se pode facer algo así por aquí. Gracias, Helder et coeteros. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 08:58, 15 de outubro de 2010 (UTC)

Caixas de navegación de lugares de Galicia

[editar a fonte]

No Portal da comunidade/Propostas de colaboración figura a seguinte:


Empregar o Modelo:Navbox nas caixas de navegación de lugares de Galicia
  • Cambiar os modelos de lugares de Galicia seguindo as indicacións de uso de Modelo:Navbox
  • Podes ver unha pequena explicación sobre como facelo facilmente para cada modelo aquí.

Logo de facer moitos modelos de lugares e aínda que fixen algúns segundo este novo modelo, finalmente optei por facelos todos segundo o modelo tradicional porque con este novo modelo quedan ocultos os lugares e hai que clicar en amosar para velos, o que resulta un pouco incómodo. Ademais, cando os poñemos todos xuntos nos artigos Lugares de ... resulta moito máis informativo telos todos inmediatamente á vista e non ir clicando en cada unha das parroquias para poder ver os lugares. Pero esta é a miña opinión. Gustaríame que alguén me indicases algunha vantaxe deste novo modelo ou senón solicitar que se retire esa proposta de colaboración do Portal da comunidade. Saúdos. --Xas (conversa) 15:09, 16 xaneiro 2010 (UTC)

  • Para evitar que o modelo agoche os lugares, só hai que engadir o parámetro state = uncollapsed. Seguirá aparecendo a ligazón para agochar/amosar o contido, pero se mostrará por defecto. --Toliño Fala aquí comigo 17:43, 16 xaneiro 2010 (UTC)

Monobook suite

[editar a fonte]

Trasteando por aí, souben da existencia desta cousa que se chama Monobook suite e que podería axudar (parece) ao traballo, ou polo menos facelo máis lindo. Despois de moito dar voltas conseguín instalala (se é que é iso o que fixen) na miña conta da es.w pero, a pesar de que en algures di que rula en todos os proxectos da Wikimedia Foundation, en canto paso a abrir sesión en outro sitio deixa de rular. Alguén sabe se é posible facer que a cousa esta ande na gl.w? Faime ilusión. --Xoacas(Góstache o pemento?) 15:28, 19 febreiro 2010 (UTC)

  • Intenta facer o mesmo que fixeches na Wikipedia castelá, non troques "es.wikipedia" por "gl.wikipedia". A ver se vai, senón, sígoche investigando. --Toliño Fala aquí comigo 17:46, 27 febreiro 2010 (UTC)

Ligazón a wikisource pt:

[editar a fonte]

Boas, en wikisource pt: teñen datos referentes ó artigo Nuno Fernandes Torneol, ¿alguén sabe cómo se pode poñer a ligazón a ese sitio?. ¿Ou hai que poñelo como ligazón externa sin usar unha plantilla?. Saúdos, --Elisardojm 12:29, 8 de setembro de 2010 (UTC)

Así, Elisardo--. HombreDHojalata.conversa 16:03, 8 de setembro de 2010 (UTC)
Ah!, xa me parecía a min que tiña que ser así... ;P. Graciñas, --Elisardojm 21:46, 8 de setembro de 2010 (UTC)

Referencias

[editar a fonte]

Ola, non sei moi ben se isto ten que ir aquí. É simplemente un comentario sobre unha cuestión estética da galipedia, e de se se pode arranxar ou mirar, a verdade non teño nin idea de como funciona a cousa e fagoo sen ningunha intención maligna.

É simplemente comentar que cando sen pon unha referencia no texto, o número (por exemplo [2]) descoloca a liña superior quedando ás veces un pouco mal, como se houbese un dobre espacio entre as liñas. Véxase por exemplo no último párrafo da cabeceira de Alemaña. Non sei se será cuestión do meu navegador ou algo. Comentoo porque noutras linguas non me pasa. Espero non ter molestado e grazas.--Adorian (fálame) 20:35, 22 de setembro de 2010 (UTC)

Eu véxoo ben, Adorian (uso o firefox). Dálle aviso a Toliño, que disto controla de medo. --Atobar (conversa comigo) 21:25, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Se serve de axuda eu adoito usar o Chrome. Acabo de mirar co Firefox e vese perfectamente, porén co Explorer (no meu caso) tamén se ve mal.--Adorian (fálame) 21:45, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Eu uso Firefox sobre Ubuntu e percibo que nas liñas que teñen un número de referencia o interlineado é maior. De todos modos dame a impresión de que depende menos do navegador que da configuración da pantalla. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:51, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Co Firefox fixándote ben percíbese un pouco, pero case nada. O que me semella raro é que por exemplo usando o mesmo navegador, na wiki en inglés ou portugués non se ve ningún interlineado maior, e na galipedia si. Pero bueno, fóra de que queda un pouquiño mal estéticamente, tampouco é nada importante.--Adorian (fálame) 22:02, 22 de setembro de 2010 (UTC)
Polo de agora non atopei nada, pero ten que vir dalgunha configuración do tipo: MediaWiki:Common.css. Sigo buscando... --Toliño Fala aquí comigo 14:02, 23 de setembro de 2010 (UTC)

Cursivas nos títulos

[editar a fonte]

É posible na Galipedia ter os títulos en cursivas como teñen na wikipedia inglesa?, [[2]], intentei meter o Modelo:Italictitle que teñen eles pero nada, non sei se nós utilizamos outro, para os títulos de programas de televisión viría que nin pintado.--Cheluco 10:14, 26 de setembro de 2010 (UTC)

O jeito mais simples é assim. A predefinição dos ingleses faz varios testes antes, mas a essência é a mesma. Heldergeovane 21:14, 27 de setembro de 2010 (UTC)
Graciñas Helder. Coido que moitos non tiñamos nin idea. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:33, 27 de setembro de 2010 (UTC)
Feito! Xa está. Creei o modelo {{Título en cursiva}}. --Toliño Fala aquí comigo 18:16, 15 de outubro de 2010 (UTC)

Contador de artigos creados

[editar a fonte]

O contador que hai na Galipedia e que dá a información sobre o número de artigos creado e que aparece cando se accede ás contribucións dos usuarios non funciona, aquí hai outro �[3] co que se podería substituír. Cheluco 20:54, 15 de outubro de 2010 (UTC)

Pos a min a ligazón que forneces tampouco me vai... :( Pásavos a todos? --Toliño Fala aquí comigo 11:23, 16 de outubro de 2010 (UTC)

Eu non teño problema (Firefox+Ubuntu, por certo). Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:25, 16 de outubro de 2010 (UTC)

Eu véxoo sen problemas tanto en Safari como en Firefox para Mac.--Cheluco 11:55, 16 de outubro de 2010 (UTC)
  • Sonche cousas do diaño, agora vai, aínda que un tanto leeento. Por min non hai problema en trocar a ferramenta. Segundo pon no erro da outra "está inoperativa por inactividade do usuario". --Toliño Fala aquí comigo 11:59, 16 de outubro de 2010 (UTC)

Referencias con problemas

[editar a fonte]

O artigo Manuel Prado López aparece categorizado en Categoría:Artigos con referencias con problemas, que para colmo aínda non existe. Por moito que miro non lle atopo o motivo. A ver se alguén se dá máis mañas ca min. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:48, 18 de decembro de 2010 (UTC)

Atopado o fallo, falsa alarma. De todos modos, de onde sae esa categoría pantasma? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:50, 18 de decembro de 2010 (UTC)

Esa categoría métea o modelo Cita web si hai algún erro no seu uso. Xa a creei, é unha categoría de mantenemento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:50, 19 de decembro de 2010 (UTC)