Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Arte
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
- Non sae elixido como artigo destacado ao obter 2 votos a favor e 1 en contra.
Información: proposto por Albert galiza. MÉRITOS DO ARTIGO: que dicir? Artigo completísimo sobre un tema ben complexo, con imaxes, referencias e ligazóns cara a artigos que amplían as temáticas de xeito específico. --Alberte Si, dígame? 21:31, 27 de outubro de 2010 (UTC)
- A favor
Concordo. --Alberte Si, dígame? 21:31, 27 de outubro de 2010 (UTC)
Concordo. O artigo ten calidade moito máis que suficiente para merecer un resumiño na portada da Galipedia, que é o que se está a votar. Outra cousa moi diferente sería unha votación para artigo de calidade--. HombreDHojalata.conversa 10:50, 1 de novembro de 2010 (UTC)
- En contra
Discordo Non é o meu hábito argumentar os meus votos, pero direi que adoece de todos os defectos que caracterizan o modo de ver as cousas dos teóricos e dos historiadores da arte. Se se quere pódoo desenvolver máis, pero ese é o motivo básico, que ten moito cerne. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:54, 27 de outubro de 2010 (UTC)
Comentario Xoacas, gustaríame que comentaras un pouco máis as túas obxecións para tentar mellorar o artigo. Teño que dicir que dende o meu punto de vista o artigo entendo que é un pouco crú no senso de demasiado academicista, pero penso que aporta bastante información, ó mellor nalgún punto excesiva, sobre o tema. Si te refires a que hai demasiada preponderancia á revisión histórica do tema, centrada sobretodo na cultura europea, estaría bastante dacordo contigo. Eu non controlo moito deste campo así que espero os vosos comentarios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:04, 29 de outubro de 2010 (UTC)
Comentario O primeiro que me ven á cabeza é que este é un caso típico de artigo que debería ter unha función eminentemente distribuidora en artigos principais, pois trata dun tema que é tan sumamente extenso que resulta inabarcable. Por outra banda a visión que eu mencionaba máis arriba e que considero propia dos teóricos e dos historiadores da arte é a que considera que un fenómeno complexo como o artístico, no que se mesturan os procesos conscientes e os subconscientes, pode ser resolto cunha estrutura que tal vez a Linneo lle funcionou pero que aquí, no canto de proporcionar unha perspectiva máis clara, a escurece. Por poñer un exemplo que poida axudar: no apartado de Elementos do fenómeno artístico faise unha distinción taxonómica entre artista, obra, público, materia e técnica (que logo se mesturan con outras cousas que non teñen nada que ver, como museos, academias, feiras, que son máis escenario que outra cousa) presentándoos como elos dunha cadea que comeza nun punto e remata noutro. Este esquema podería ser válido, digamos, se falamos de pintura na Europa burguesa do século XIX, pero non ten sentido de falamos, por exemplo, de danza na Galicia rural da mesma época, que non se pode separar da música porque a propia danza aporta elementos musicais (dedos chiscados, castañolas etc), e na que o actor e o espectador e o compositor e o consumidor son a mesma persoa ou distintas segundo o seu nivel de participación en cada momento (non se baila para que ninguén o vexa, non bailan uns e tocan outros, os mesmos que cantan compoñen, os mesmos que tocan agora bailan logo). Esta mesma estrutura de pensamento é a que se plasma ao facer unha división entre disciplinas artísticas que, ademais de ser moi discutible (a gastronomía non poder ser unha das artes visuais), puido ser certa só en certos momentos e certos lugares. O mesmo vale para a clasificación de estilos, xéneros, técnicas... que agora mesmo son simples listaxes heteroxéneas nas que se mesturan técnicas, soportes, materias, pero sen nada máis. E por ir terminando, o apartado de Historia da arte debería ser moito máis unha explicación das fases que se poden distinguir en cada momento da historia e en cada lugar do planeta, e moito menos unha enumeración de autores, obras e estilos (está cheo de ligazóns internas). Non sei se este comentario vai ser moi construtivo, porque no fondo non teño ningunha gana de colaborar na mellora deste artigo nin de ningún que teña relación. Sei que Elisardo estivo traducindo o artigo correspondente da es.wp, pero se cadra non foi o máis axeitado para traducir, xa sei que ten a súa estreliña amarela, pero hai que decatarse de que, na medida que unha wikipedia é a expresión dun punto de vista xeneralizado, recolle as ideas que están máis difundidas, non as máis certas, e se algunha vantaxe temos nós es que, sendo menos, somos máis capaces de saírnos da uniformidade de pensamento á que o mundo nos aboca. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:49, 29 de outubro de 2010 (UTC)
- Moitas grazas polos teus comentarios Xoacas, estou dacordo contigo nalgúns deles, noutros, debido ós meus coñecementos básicos sobre o tema, non sei qué dicir, pero gustaríame amañar este artigo para que poda ser un artigo de calidade así que tódolos comentarios son benvidos. Eu traducin a versión en castelán porque é a única que ten estreliña, era a máis doada de traer eiquí, e comparándoa coas versións en inglés e francés parecía a máis completa.
- Sobre o que comentas de que o artigo debería fundamentarse en artigos principais penso que iso xa se cumple, a maioría dos apartados teñen un enlace a un artigo principal, tal e como está en wp:es, eiquí mantéñense pero polo momento aínda non me deu tempo a facelos pero o seu desenrolo é a segunda parte da miña idea.
- Sobre a visión taxonómica que comentas dalgúns apartados non teño coñecementos abondo para adaptala, pero si me dades algunhas indicacións tentarei facer o que poda.
- A cuestión do apartado de historia é ben certa o que comentas, nalgúns momentos é excesiva e noutros apartados, coma no tratamento da historia da arte das culturas non occidentais, é casi anecdótica. Tentarei facerlle un apaño dentro das miñas posibilidades.
- Comentas que o artigo de wp.es ó mellor non foi o máis adecuado para traducir, ¿poderías indicarme qué apartados de qué wikipedias poderían rescatarse para eiquí?. Eu tentaría traducilos e adaptalos ó noso artigo. ¿Qué seccións eliminamos do artigo actual?, ¿qué seccións sería mellor refacer?. Si che é menos choio pon só as partes que penses que poden valer, non teño pena ningunha por cortar todo o que haxa que cortar, así que, non te cortes ti ;).
- A miña intención ó traballar neste artigo é conseguir que os artigos fundamentais que debe ter toda enciclopedia sexan artigos de calidade eiquí, espero que se poda conseguir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:40, 29 de outubro de 2010 (UTC)
Moi ben, pero non esquezamos que isto é unha páxina de votación. Para falar de como mellorar o artigo imos continuar a conversa en Conversa:Arte e deixar isto para o que debería ser. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:12, 29 de outubro de 2010 (UTC)
- Tes toda a razón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:40, 29 de outubro de 2010 (UTC)