Wikipedia:Artigo destacado/febreiro 2006
Aparencia
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo no ano 1886 e morreu no exilio -en Buenos Aires- en 1950. Pai do nacionalismo galego, Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Estudou medicina, pero confesaba: "Fixenme médico por amor a meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade". Castelao é sen dúbida o galego máis destacado do século XX. Dedicóuselle o segundo Día das Letras Galegas, en 1964.