Wikipedia:Artigo destacado/novembro 2009
A centola (Maja squinado, Herbst 1788) é un crustáceo braquiúro, decápodo, de caparazón espiñento (tamén chamado cacho, casca ou casco), un dos máis apreciados gastronomicamente entre os mariscos. O uso dun ou doutro nome non se corresponde realmente ó sexo do animal senón que obedece máis a denominacións locais, sendo a forma feminina a máis usual. Os tamaños que pode alcanza-la centola son moi variables, ata os 30 cm de lonxitude e os 4 kg de peso, se ben o habitual é que non cheguen a supera-los 20 cm e uns pesos medios de 1,2 a 1,5 kg. Vive preto da costa en fondos rochosos ou areosos que estean poboados de algas. Necesita, polo tanto, fondos nos que poida chega-la luz solar, circunstancia que se dá na franxa infralitoral, ata profundidades duns 50 metros, aínda que se atopan exemplares tamén ós 100 metros. A centola é un cangrexo de hábitos migratorios.