Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/1 − 2 + 3 − 4 + ...
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 9 de novembro de 2017 - 9 de decembro de 2017
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Breogan2008 (conversa) 9 de novembro de 2017 ás 16:48 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 09-11-2017 ata o 09-12-2017.
Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Traducido e adaptado dos homónimo na Wikipedia en catalán e castelán, onde son de calidade. Coido que está completo e ben referenciado. Sería o primeiro artigo sobre matemáticas co distintivo de calidade da nosa wiki. --Breogan2008 (conversa) 9 de novembro de 2017 ás 16:48 (UTC)[responder]
- A favor
Concordo. --Breogan2008 (conversa) 9 de novembro de 2017 ás 16:48 (UTC)[responder]
Concordo. --Chairego apc (conversa) 9 de novembro de 2017 ás 22:31 (UTC)[responder]
Concordo.--Alfonso mande 12 de novembro de 2017 ás 19:32 (UTC)[responder]
Concordo. --CristianCb (conversa) 24 de novembro de 2017 ás 21:49 (UTC)[responder]
Concordo. --AMPERIO (conversa) 26 de novembro de 2017 ás 11:29 (UTC)[responder]
Concordo. --Viascos (conversa) 8 de decembro de 2017 ás 00:07 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
. --Viascos (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 23:50 (UTC)[responder]Neutro
- Comentarios
Comentario Deixei unhas dúbidas na páxina de conversa do artigo, hai diferenzas nalgunhas fórmulas co artigo de en.wiki, e algunhas cousas que creo que precisan referencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 14:02 (UTC)[responder]
- Collín as fórmulas dende o artigo de en.wiki, semella que son as mesmas pero máis desenvolvidas, pero ollo, non son experto no tema nin moitísimo menos, limiteime a traducilo. En canto ás referencias, podes ser máis específico?--Breogan2008 (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 14:35 (UTC)[responder]
- Ah, xa amañaches as fórmulas dese apartado. Pois as referencias que se precisarían son as que indican no artigo de en.wiki, se alí precisan esas referencias, entendo que aquí tamén se deberían ter. Eu non teño coñecementos abondo para revisar este artigo, por iso comenteille a Petillés se lle podería botar unha ollada. Falarei tamén con Agremon a ver se el o pode revisar ou coñece a alguén que o poida revisar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2017 ás 17:02 (UTC)[responder]
Comentario Teño que recoñecer que non me sinto coa formación suficiente para valorar con rigor o artigo, entendo as series e os sumatorios pero pérdome coas integrais, por iso o meu voto neutro. Ainda así, quixera comentar algunha cousa. Revisei a ortografía e non atopei erros. Comparei coas versións en castelán e inglés e a traducción parece axeitada, de feito hai maior concordancia nalgunhas fórmulas entre galego e inglés que co castelán. Así e todo, a sección "estabilidade e linearidade" comprendina mellor coas series na versión en inglés. Plantéxome, como noutros casos, que podería ser suficiente cunha boa traducción dun artigo de calidade doutra ligua (ou moitas, como niste caso) para que fora artigo de calidade na galipedia, persoalmente penso que normalmente si, sen rexeitar unha análise concienzuda para pulir e mellorar se se pode. Persoalmente penso que é unha via rápida e bastante segura de conquerir artigos de calidade que xa levan detras o traballo de moita xente.--Viascos (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 23:50 (UTC)[responder]
- Non sei se é moi ortodoxo o que voi dicir, pero penso pasarlle o artigo a un compañeiro matemático para que o revise e me de a súa opinión, sempre pode saír algo. É de Albacete, pero traballou máis de 15 anos en Galicia e non ten problema coa lingua. Ao mellor ainda se fai wikipedista, jeje.--Viascos (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 23:50 (UTC)[responder]
- Viascos, iso sería estupendo, unha revisión por un profesional do tema sería a guinda das revisións :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 08:25 (UTC)[responder]
- Paréceme xenial o visto bo dun profesional. Adiante!! --Breogan2008 (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 16:57 (UTC)[responder]
- Elisardojm e Breogan2008, "Estamos traballando nelo", como dixo o "poeta". --Viascos (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 19:36 (UTC)[responder]
- Non sei se é moi ortodoxo o que voi dicir, pero penso pasarlle o artigo a un compañeiro matemático para que o revise e me de a súa opinión, sempre pode saír algo. É de Albacete, pero traballou máis de 15 anos en Galicia e non ten problema coa lingua. Ao mellor ainda se fai wikipedista, jeje.--Viascos (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 23:50 (UTC)[responder]
ComentarioMudo o meu voto en base á revisión que fixeron do artigo varios compañeiros matemáticos. Non atoparon ningún erro e as citas parecíanlles correctas. Ainda non me puderon pasar as referencias novas que se pedían, se as consigo engadiránse a un artigo xa de calidade. --Viascos (conversa) 8 de decembro de 2017 ás 00:07 (UTC)[responder]
Comentario Tras tardar moito en ler o aviso de Elisardo, por fin tiven tempo de poñerme co tema. Onte e hoxe estiven buscando bibliografía lendo sobre o tema. E mañá conto con poñerme a revisar o artigo. Perdón por apurar tanto os prazos, pero ata esta ponte non dispuxen de tempo para isto. Petillés (conversa) 8 de decembro de 2017 ás 22:47 (UTC)[responder]
- Non tre preocupes Petillés, o importante é que o artigo se revise e quede o mellor posible :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de decembro de 2017 ás 23:29 (UTC)[responder]
- Actualización. Á fin rematei. Descubrín que o artigo orixinal en inglés ten unha cantidade sorprendente de pequenos erros (inexactitudes, falsedades, citas de pasaxes que non respaldan o que se está afirmando...), posiblemente a causa de que é ADC desde algún momento entre 2004 e 2007 (non mirei con exactitude). Ao pasar tanto tempo, loxicamente mudou notablemente con respecto a entón (non sempre a mellor) e, sobre todo, hai que ter en conta que daquela os criterios serían moito menos esixentes. Resumindo: é posiblemente o peor ADC de EN.wiki que teño visto xamais... En consecuencia, os ADC correspondentes noutros idiomas tamén deixan bastante que desexar.
- Tendo isto en conta, fixen dúas cousas. A primeira, ir a EN.wiki e reparar os {{cómpre referencia}} e {{clarificar}} que había, para logo amañar o correspondente artigo galipédico. A segunda foi eliminar todos os pequenos erros e completar as seguintes seccións: introdución, § 1 e § 2.1 (en GL.wiki, claro). Por que non seguín? Porque esas son as que máis dan na vista e, máis que nada, porque non me deu tempo a máis e mañá xa sairá elixido porque hai máis de 4 votos.
- En conclusión, aínda que queda una notable marxe de mellora nas seccións 2.2 en adiante, polo menos o noso artigo é de maior calidade que os de EN.wiki, ES.wiki e CA.wiki.
- Petillés (conversa) 9 de decembro de 2017 ás 23:55 (UTC)[responder]
- Non tre preocupes Petillés, o importante é que o artigo se revise e quede o mellor posible :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de decembro de 2017 ás 23:29 (UTC)[responder]