Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Aleksandr Kolchak
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 22/11/2017 - 22/12/2017
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 11:30 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 22-11-2017 ata o 22-12-2017.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Os mesmos que na proposta de maio. Ademais o artigo foi revisado por Elisardojm antes do seu peche na anterior votación. --AMPERIO (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 11:32 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 11:32 (UTC)[responder]
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 11:37 (UTC)[responder]
- Concordo, igual que fixen logo da revisión de maio. Piquito (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 11:44 (UTC)[responder]
- Concordo.--Alfonso mande 23 de novembro de 2017 ás 23:24 (UTC) Grande o traballo de revisión do usuario Elisardojm[responder]
- Concordo--MAGHOI (conversa) 24 de novembro de 2017 ás 23:21 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Vexo un artigo moi completo e que cumpre as expectativas para ser un artigo de calidade, pero!!!, o meu xeito de ver penso que padece de maiusculite, e dicir, que ten moitas maiúsculas, polo de máis algún detalle menor sen importancia. --Alfonso mande 22 de novembro de 2017 ás 18:40 (UTC)[responder]
- Alfonso, acabo de revisar de novo todo o artigo e non atopo esa maiusculite, amañei algúns erros pero non atopei maiúsculas de máis. Podes poñer algúns exemplos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 12:38 (UTC)[responder]
- A modo de exemplo, a palabra "exército" aparece se mal non me lembro 96 veces, no principio do artigo están case todas en minúsculas pero a partir do medio máis ou menos case todas están en maiúsculas, e do mesmo xeito a palabra goberno que creo que aparece sobre unhas 47 veces, iso amodo de exemplo, pero ai máis casos. Saludos.--Alfonso mande 23 de novembro de 2017 ás 13:23 (UTC)[responder]
- O termo "Exército", salvo un caso que amañei, penso que é correcto que estea con maiúscula xa que está asociado a un nome propio, os casos que atopei son Exército Branco, Exército Vermello, Exército Siberiano, Exército Occidental, Exército Popular do Komuch, Exército Meridional, Exército soviético, 5º Exército, 5º Exército soviético e similares.
- O termo "Goberno" non teño claro en que casos debe ir con minúscula e en cales en maiúscula, preguntareille a Isili0n. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 14:44 (UTC)[responder]
Tanto «exército» coma «goberno» escríbense en maiúscula cando fan referencia á institución/organismo, porén, os adxectivos nacionais que os acompañen deberán grafarse en minúscula: «Goberno francés», «Exército británico» (sempre e cando esteamos a nos referir ás respectivas institucións, senón se escribirían en minúscula). En canto a «exército», calquera outro adxectivo que compoña un nome propio será con maiúscula: «Exército Vermello», «Exército Popular». Saúdos. --Isili0n (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 16:53 (UTC)[responder]
- Alfonso, revisei o artigo segundo o indicado por Isili0n e quitei as maiúsculas que vin de máis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de novembro de 2017 ás 21:55 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Aleksandr Kolchak (maio de 2017)
[editar a fonte]Votación PECHADA: Rexeitado
Período de votación: 18 de maio de 2017 - 17 de xuño de 2017
SI: 3 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 18 de maio de 2017 ás 16:15 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 18-05-2017 ata o 17-06-2017.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo traducido do homónimo en castelán onde é de calidade. Interesante artigo sobre quen chegou a ser ditador de Rusia no período da guerra civil (Exército branco). Conta con suficientes imaxes que o ilustran, bibliografia variada, texto resumo na cabeceira... Penso que cumpre cos criterios para sair escollido de calidade. --AMPERIO (conversa) 18 de maio de 2017 ás 16:15 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 18 de maio de 2017 ás 16:15 (UTC)[responder]
- Concordo. É unha mágoa que un artigo como este non chamara a atención da comunidade, ben podía ter chegado a converterse en artigo de calidade sen problema e ter sido revisado por máis xente, deixándoo nun altísimo nivel. --Piquito (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:40 (UTC)[responder]
- Concordo. Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2017 ás 15:32 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Risco o voto de CristianCb porque non cumpría os requisitos necesarios no momento do inicio da votación. --Piquito (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:40 (UTC)[responder]