Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Atlanta
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 18-04-2014 - 18-05-2014
SI: 1 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2014 ás 16:54 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 18-04-2014 ata o 18-05-2014.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: É un artigo moi completo sobre esta cidade estadounidense. Ademais é unha tradución do homónimo da wikipedia en castelán onde é artigo de calidade. --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2014 ás 16:54 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 18 de abril de 2014 ás 16:54 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. O artigo precisa de moitos arranxos: a sección de Historia está desordenada, comeza co territorio indio, dá detalles da guerra civil, volve aos indios e logo volve empezar e o mesmo ocorre logo cos dereitos civís; no Clima fálase dun tornado sen dar máis detalles (cando?); os datos da Demografía non son nada claros, sería máis lexible escribilos nunha táboa como na wiki en inglés. Hai moitas repeticións (dise catro veces que o aeroporto é o máis transitado do mundo). Hai frases sen sentido (ou sentido escuro): "A cidade é tamén o fogar dun sector significativo, a biotecnoloxía, co cal gañou varios premios en eventos como a biotecnoloxía vexetal Internacional." (Economía); "Isto representa un aumento do 62,4% da poboación vivindo en Atlanta, que fixo a maior poboación do país, diariamente entre as cidades con menos de 500.000 habitantes." (Demografía); "o Festival do Orgullo Gay, sobre os ladrillos, o Festival Dogwood" (Cultura). Isto ocorre en gran parte da sección de Deportes. Hai artigos que se poden ligar (afroamericano, rhythm and blues, premios Grammy) --Jglamela (conversa) 20 de abril de 2014 ás 13:25 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Pregunta:. O cadro de equipos deportivos da cidade é de equipos actuais, de equipos que xogaron na cidade, ou actuais e do pasado? Piquito (conversa) 20 de abril de 2014 ás 09:13 (UTC)[responder]
- @Piquito: Son os equipos actuais da cidade. No caso dos Gwinnett Braves son un equipo filial dos Atlanta Braves, pero que teñen certa importancia en Atlanta. --AMPERIO (conversa) 20 de abril de 2014 ás 09:44 (UTC)[responder]
- Era so para saber se retiraba do cadro aos Atlanta Thrashers, que se trasladaron hai xa uns anos a Winnipeg e mudaron o seu nome por Winnipeg Jets. Xa está feito, grazas. Piquito (conversa) 20 de abril de 2014 ás 09:54 (UTC)[responder]
- @Piquito: Grazas. --AMPERIO (conversa) 20 de abril de 2014 ás 09:56 (UTC)[responder]
- Era so para saber se retiraba do cadro aos Atlanta Thrashers, que se trasladaron hai xa uns anos a Winnipeg e mudaron o seu nome por Winnipeg Jets. Xa está feito, grazas. Piquito (conversa) 20 de abril de 2014 ás 09:54 (UTC)[responder]
- Comentario. Creo que os datos da táboa de clima deberan estar unicamente en medidas empregadas habitualmente polos usuarios: é interesante para a wiki en inglés que aparezan os graos en Fahrenheit e as precipitacións en pulgadas, mais queda raro que nunha enciclopedia en galego aparezan deste xeito cando o uso desa escala está limitado case en exclusiva aos Estados Unidos. Tamén hai que cambiar un dos cadros da táboa que está en inglés (o das horas de sol). Piquito (conversa) 20 de abril de 2014 ás 10:18 (UTC)[responder]