Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Emilia Pardo Bazán
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Votación a artigo de calidade.
Período de votación: 19/10/2010 - 19/11/2010
SI: 2 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Información: proposto por Hugo22. MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo, sobre Emilia Pardo Bazán, escritora, xornalista, crítica literaria, feminista, narradora e rexionalista galega. O artigo inclúe unha ampla descrición ben referenciada sobre a biografía, traxectoria profesional e obra da autora coruñesa.--Hugo22 23:51, 19 de outubro de 2010 (UTC)
- A favor
- Concordo.--Hugo22 23:51, 19 de outubro de 2010 (UTC)
- Concordo. Concordo co exposto, paréceme un traballo de gran calidade. --Adorian (fálame) 23:04, 22 de outubro de 2010 (UTC)
En contra
- Discordo Coincido nas apreciacións que fixo Xoacas. --Alberte Si, dígame? 16:02, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Neutro
Comentarios
- Comentario Vexo un par de puntos moi mellorables que, cun pouco de traballo, poderían facer deste un artigo moi salientable. Certas seccións, como Pardo Bazán e o galego, Pardo Bazán e Galicia e Feminismo son pouco máis que unha colección de citas das que non sempre se poden extraer conclusións. Así, resulta arriscado afirmar que "Pardo Bazán sempre se decantou polo castelán polo feito de ser esta unha lingua oficial, prestixiosa e cun público maior" a partir da frase "É mellor ser castelán que catalán, e francés que castelán para isto da publicidade e do nome". Poderíanse poñer máis obxeccións polo estilo. Tampouco se pode considerar completa a información sobre esta escritora se non hai polo menos un esbozo de El Folk-Lore Gallego, que agora non existe, e o apartado A Real Academia Galega debería ser maior das dúas liñas que agora ocupa. Por último, dúas palabriñas sobre os seus Libros de viaxes e de Lírica non sobrarían. Se alguén se anima a suplir estas carencias o meu voto sería positivo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:57, 22 de outubro de 2010 (UTC)
- Comentario Amais do que apunta Xoacas, eu creo que é un erro de base que un artigo saia destacado sen ter todas ou practicamente todas as ligazóns internas xa en azul (creadas) e non vermello (inexistentes). E repito o exemplo que cómpre seguir, que é o do artigo Breogán de Lugo. --Atobar (conversa comigo) 16:13, 9 de novembro de 2010 (UTC)