Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Historia de Serbia
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 15-04-2013 - 17-05-2013
SI: 4 — NON: 3 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 15 de abril de 2013 ás 20:55 (UTC)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo completísimo sobre sobre a combulsa historia de Serbia que econta con numerosas referencias e cunha bibliografía seleccionada. --Piquito (conversa) 15 de abril de 2013 ás 20:55 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 15 de abril de 2013 ás 20:55 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (Conversa) 18 de abril de 2013 ás 11:00 (UTC)[responder]
- Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de maio de 2013 ás 09:54 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPC98(Que che pica?) 6 de maio de 2013 ás 18:56 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. Non podo votar positivo porque me parece un artigo demasiado longo, ademais hai apartados enteiros sen referenciar, presentaba, e aínda presenta (a pesar das moitas correccións realizadas) grallas, e hai partes que non me parecen adecuadas nin neutrais, como por exemplo:
“ | Era o momento de crear a Gran Serbia. | ” |
“ | De contado veuse que a vida do novo estado non ía ser un camiño de rosas. | ” |
“ | Vergonzosos fracasos das primeiras semanas de combate. | ” |
“ | Lord Carrington séntaos á mesa, pero a tinta da sinatura dos sucesivos alto o fogo aínda non se secara, cando xa volvían a soar as armas. | ” |
“ | Ao día siguiente unha parella de mozos serbios de Saraievo, capital da república, decidiran casar e, como é costume nas vodas da zona, as bandeiras nacionais e a pólvora de vellas escopetas que disparan ao aire amenizaron o cortello. | ” |
“ | Que facer cando uns queren manter a unidade do país pola forza e outros acceder á independencia tamén pola forza? | ” |
En canto á redacción, presenta erros, como andar mesturando tempos verbais, utilizar o presente, cando o mellor é o pasado... En resumo, na miña opinión este artigo esta bastante lonxe dos criterios de calidade, de feito, no seu estado actual, non creo que valga nin como artigo destacado. --JaviP96 14 de maio de 2013 ás 14:59 (UTC)[responder]
2. Discordo. Concordo con Javi, de feito xa comentara máis abaixo que presenta numerosas grallas e a redacción é máis literaria que enciclopédica, cando non carente dunha mínima neutralidade. No único que non concordo con el é que a lonxitude do artigo sexa unha eiva, para min é todo o contrario. En definitiva, o problema do artigo non está na información, que me parece abundante e completa, senón no xeito en que como foi exposta, tanto dende o punto de vista ortográfico coma estilístico. Así as cousas, non me parece xusto que este artigo acadase a máxima distinción na Galipedia e por iso voto negativo. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 14 de maio de 2013 ás 15:39 (UTC)[responder]
3. Discordo. HombreDHojalata.conversa
- Neutros
- Comentarios
Comentario. Non me quero pronunciar aínda sobre o meu voto, porque é un artigo moi longo e prefiro lelo varias veces. Pero así cunha primeira ollada, paréceme que se lle debe ampliar algo a introdución, que me parece curta en relación co contido do artigo, tamén me parece algo escasa a información de Serbia antes da Idade Media, e en cambio paréceme demasiada a que se dá dalgúns reis. Por outra banda na páxina de conversa do artigo di que a información que nel aparece ven de varias wikis e da propia Galipedia, nese sentido voto en falta algún material orixinal, propio deste artigo. Saúdos! --JaviP96 18 de abril de 2013 ás 14:21 (UTC)[responder]
- Ten demasiados erros ortográficos e grallas. Nun par de lecturas de pasada xa corrixín demasiados. Quero volver lelo con máis detemento, pero a primeira impresión que me deu non foi moi boa. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 18 de abril de 2013 ás 16:22 (UTC)[responder]
- Algunhas seccións non está redactadas de xeito moi enciclopédico. Por exemplo, titular unha sección con "Milosevic prende o nacionalismo serbio" non semella moi neutral, ou? --Paradanta (Cóntame) 18 de abril de 2013 ás 16:26 (UTC)[responder]
- Co que comenta Paradanta do tamaño, non ten porque ser malo, como di el, pode ser todo o contrario, positivo, pero a cuestión é que se di nese tamaño, e eu creo que neste artigo sobra información, que non ten demasiada importancia. --JaviP96 14 de maio de 2013 ás 15:56 (UTC)[responder]
- Algunhas seccións non está redactadas de xeito moi enciclopédico. Por exemplo, titular unha sección con "Milosevic prende o nacionalismo serbio" non semella moi neutral, ou? --Paradanta (Cóntame) 18 de abril de 2013 ás 16:26 (UTC)[responder]
- Ten demasiados erros ortográficos e grallas. Nun par de lecturas de pasada xa corrixín demasiados. Quero volver lelo con máis detemento, pero a primeira impresión que me deu non foi moi boa. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 18 de abril de 2013 ás 16:22 (UTC)[responder]