Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Illas Malvinas
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Illas Malvinas[editar a fonte]
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 23 de marzo de 2018 - 22 de abril de 2018
SI: 5 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Chairego apc (conversa) 23 de marzo de 2018 ás 14:45 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 23-03-2018 ata o 22-04-2018.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo recentemente mellorado e ampliado a partir das wikipedias en inglés e portugués (onde é artigo de calidade). Ben referenciado e completo. --Chairego apc (conversa) 23 de marzo de 2018 ás 14:45 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 23 de marzo de 2018 ás 14:45 (UTC)[responder]
- Concordo. --Gobraves (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 10:01 (UTC)[responder]
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2018 ás 12:20 (UTC)[responder]
- Concordo. Piquito (conversa) 21 de abril de 2018 ás 17:22 (UTC)[responder]
- Concordo--MAGHOI (conversa) 22 de abril de 2018 ás 22:01 (UTC)[responder]
# Concordo. --Breogan2008 (conversa) 23 de abril de 2018 ás 07:10 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. Explico no comentario.--AMPERIO (conversa) 23 de marzo de 2018 ás 17:56 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Comentario. Penso que o artigo aínda está moi verde para ser escollido de calidade:
- Non fai referencia algunha a que Arxentina considera as illas como parte da súa provincia da Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, algo que debería aparecer polo menos mencionado na sección Disputa entre a Arxentina e o Reino Unido.
- En relación a situación política da colonia, entendo que debería aparecer tamén algunha mención á Resolución 2065 de la Asamblea General de las Naciones Unidas sobre a Cuestión de las islas Malvinas.
- O artigo aínda necesita unha volta na ortografía, e revisar a gramática, xa que aínda quedan rastros do texto en portugués, e algunhas frases, resultan un pouco complicadas de entender ao ser unha tradución literal da lingua orixinal (non sei se inglés ou portugués).
Polo momento iso. --AMPERIO (conversa) 23 de marzo de 2018 ás 17:56 (UTC)[responder]
- 1. Incluído que a Arxentina considera as illas parte da súa provincia na sección "Disputa de soberanía". 2. Xa hai unha referencia á resolución 2065 na sección "Guerra das Malvinas", onde se di: En 1965, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Resolución 2065, apelando que ámbolos dous países conducisen negociacións bilaterais para chegar a unha solución pacífica sobre a disputa. 3. Estou facendo a revisión de todo o texto, pero estaría ben que outros usuarios tamén lle votasen unha ollada. Se atopas frases que requiran unha mellor redacción, prégoche que me digas cales son. Saúdos e grazas polos comentarios.--Breogan2008 (conversa) 24 de marzo de 2018 ás 10:10 (UTC)[responder]
- Pois mira, por exemplo Os problemas comezaron cando España descubriu Port Egmont; unha guerra inminente, causada pola captura do porto por España en 1770, foi evitada pola súa restitución ó Reino Unido en 1771. Da a sensación de que ou ben lle falta algo ou que foi unha tradución moi literal do orixinal. --AMPERIO (conversa) 24 de marzo de 2018 ás 10:17 (UTC)[responder]
- Feito!.--Breogan2008 (conversa) 24 de marzo de 2018 ás 11:59 (UTC)[responder]
Comentario AMPERIO, revisei a ortografía e redacción do artigo e amañei tódalas cousas que atopei, penso que esta parte está solucionada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2018 ás 12:22 (UTC)[responder]
- Risco o voto de Breogan2008 ao ser emitido o día despois do final da votación. Piquito (conversa) 23 de abril de 2018 ás 11:58 (UTC)[responder]