Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Johann Sebastian Bach
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 15-6-2015 - 15-7-2015
SI: 7 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 15 de xuño de 2015 ás 14:13 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 15-06-2015 ata o 15-07-2015.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Ampliado principalmente da Wikipedia en portugués (onde é artigo de calidade), inglés e castelán, así como doutras fontes bibliográficas e da rede. Creo que o artigo é suficientemente completo para un tema infinito como é todo o relacionado con Bach, de feito é un dos artigos máis extensos de todas as Wikipedias sobre o compositor, ou mesmo o máis grande (está no posto 14 dos artigos máis longos da Galipedia). O artigo trata sobre unha das personalidades máis importantes da historia da música (mesmo a máis importante, xa que as normas da harmonía derivan do estudio das súas obras) e conta con moita información biográfica e sobre a súa obra. É un dos 1.000 artigos que toda Wikipedia debera ter e un artigo que pola súa relevancia sería moi interesante facer de calidade (agora ou nun futuro non moi lonxano coas melloras que podan xurdir da votación, aínda que tal e como está a día de hoxe creo que fai méritos suficientes, revisión ortográfica a parte). Ten numerosas referencias e unha ampla sección bibliográficas. --Piquito (conversa) 15 de xuño de 2015 ás 14:13 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo --Chairego apc (conversa) 25 de xuño de 2015 ás 13:18 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 30 de xuño de 2015 ás 16:31 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 3 de xullo de 2015 ás 07:28 (UTC)[responder]
- Concordo. --☣Banjo tell me 3 de xullo de 2015 ás 17:28 (UTC)[responder]
- Concordo. Miguelferig (conversa) 4 de xullo de 2015 ás 10:53 (UTC)[responder]
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2015 ás 12:48 (UTC)[responder]
- Concordo.--Alfonso (conversa)13 de xullo de 2015 ás 00:34 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Sei que, como noutros moitos casos de artigos relacionados coa música clásica, hai moitas ligazóns internas en vermello. Tentarei ir facéndoas aos poucos, pero tardaría meses (ou anos) en completalas todas, tendo en conta que hai algunhas que non deberan ser simples bosquexos. Podedes incluír nesta páxina ou na miña conversa os artigos que consideredes que se deben crear para a mellor comprensión do artigo e tentarei ir facéndoos na medida das miñas posibilidades. Esperemos que co tempo haxa máis usuarios para traballar neste campo e podamos avanzar máis rápido e cun nivel de calidade alto. Piquito (conversa) 15 de xuño de 2015 ás 14:13 (UTC)[responder]
Comentario Seguindo os criterios que apliquei na revisión dos artigos de calidade, fixen arranxos na bibliografía e nas ligazóns externas. O artigo está ben referenciado, pero son as propias referencias as que presentan algúns problemas:
- Hai referencias tipo harvard sen a información do libro ó que fan referencia (prioridade alta)
- Hai referencias tipo harvard que só son ligazóns a entrada dos libros en amazon/books.google/etc (prioridade baixa)
- Hai referencias tipo harvard que non usan o modelo {{cita Harvard}} (prioridade baixa)
Hai tempo de aquí a que remate a votación para ir arranxando estes problemas, irei traballando niso pouco a pouco estes dias. Á marxe diso, cando remate a votación, se é positiva, hai que acordarse de engadir {{calidade}} na conversa e xerar un código QR para engadir no artigo (eu podo facelo, nada máis recordádemo). ☣Banjo tell me 1 de xullo de 2015 ás 13:03 (UTC)[responder]
Comentario Rematei de revisar as referencias que tiñan os problemas indicados no meu anterior comentario, que por certo eran unha chea delas. Tamén creei a páxina Bach (homónimos) e engadín a ligazón para facilitar a navegación e as buscas. Queda o código QR pendente para cando remate a votación. ☣Banjo tell me 3 de xullo de 2015 ás 17:28 (UTC)[responder]