Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Lenin
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 22-03-2013 - 02-05-2013
SI: 8 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 22 de marzo de 2013 ás 19:12 (UTC)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo completísimo sobre unha das personalidades máis importantes da historia do século pasado e mesmo de toda a historia. Ben referenciado e ilustrado, con bibliografía bastante bibliografía e ligazóns a proxectos irmáns. --Piquito (conversa) 22 de marzo de 2013 ás 19:12 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Piquito (conversa) 22 de marzo de 2013 ás 19:12 (UTC)[responder]
- Concordo. --Adorian (fálame) 23 de marzo de 2013 ás 12:00 (UTC)[responder]
- Concordo. --Anton45 (conversa) 29 de marzo de 2013 ás 16:56 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 30 de marzo de 2013 ás 21:02 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego_apc (si?) 31 de marzo de 2013 ás 16:33 (UTC)[responder]
- Concordo--. HombreDHojalata.conversa 1 de abril de 2013 ás 11:09 (UTC)[responder]
- Concordo. --Paradanta (Cóntame) 6 de abril de 2013 ás 14:09 (UTC)[responder]
- Concordo. --JaviP96 7 de abril de 2013 ás 09:36 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Agardar
# Agardar. Véxase a pregunta. --JaviP96 22 de marzo de 2013 ás 20:20 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Se cadra o único que cambiaría sería a organización do artigo, agupando tódolos contidos biográficos nun único apartado para facer máis sinxelo distinguir a biografía do resto. Tamén o apartado de "Vida persoal" podería denominarse doutro xeito, xa que son impresións que outra xente tiña del (eu entendo como sinónimo vida persoal e traxectoria). Piquito (conversa) 22 de marzo de 2013 ás 19:12 (UTC)[responder]
- Pregunta:. A estrutura e os títulos dos apartados son exactamente os mesmos da wikipedia inglesa, por iso quero saber que parte do artigo é orixinal e cal é unha tradución, ademais as notas parecen colocadas ao chou, por poñer un exemplo, no artigo en galego aparece:
"Acabados os seus tres anos de exilio,[36][37][38] a Vladimir prohibíuselle regresar a San Petersburgo"
mentres que no artigo en inglés aparece:"His exile over, Vladimir was banned from St. Petersburg"
, sen as referencias, que se supón que fan falta tres libros para dicir que a Lenin se lle prohibiu volver a San Petersburgo? e logo déixanse parágrafos enteiros sen referencias. Saúdos. --JaviP96 22 de marzo de 2013 ás 20:20 (UTC)[responder] - Pregunta:. Reitero a pregunta formulada por JaviP96. Paréceme moi importante, xa que é un dos condicionantes que figuran en Wikipedia:O que é un artigo de calidade. É na súa totalidade unha tradución de en:Vladimir Lenin? De non ser así, votarei a favor sen dubidalo, porque o artigo é ben bo. Saúdos.--Paradanta (Cóntame) 23 de marzo de 2013 ás 14:20 (UTC)[responder]
- Comentario. O das referencias están agrupadas todas as do parágrafo na primeira liña. Isto é debido a que na wikipedia en galego ao poñer a referencia ao final dun (ou no medio) a maioría dos navegadores (creo que todos, antes o Firefox non) fan dobres especiados de liña que quedan horribles e tira para atrás á hora de lelo (xa sei que é algo subxectivo, pero tenmo comentado moita xente). En resumo, as referencias están postas de tal xeito que referencian o parágrafo que teñen a continuación e que quede ben estéticamente.
- Sobre o que di Piquito a min a organización tal como está gústame, se o poñemos todo xunto creo que quedarían moitos subapartados de subapartados, pero vamos se o queredes cambiar por min non hai problema ningún. Co de "Vida persoal" estou dacordo, é mellor buscar outro nome para o apartado.--Adorian (fálame) 23 de marzo de 2013 ás 12:00 (UTC)[responder]
- Comentario. O artigo é unha traducción nun 98% da wikipedia en inglés. Pensaba que xa se quitara a condición que non podía ser de calidade unha traducción, así que tamén retirarei o meu voto. Outra solución sería aplialo máis con novos contidos, pero a verdade non vexo moita cousa máis que engadirlle, único ampliar a información sobre os seus escritos e a súa repercusión na historia e na actualidade.--Adorian (fálame) 23 de marzo de 2013 ás 14:30 (UTC)[responder]
- Comentario. Grazas pola aclaración das referencias, aínda que eu vexo ben as referencias no medio e ao final noutros artigos, e en canto ao de amplialo, creo que se lle podería meter algo máis no apartado de legado, e incluso se podería buscar información sobre algún partido ou movemento galego que baseara as súas ideas no leninismo. Un saúdo. --JaviP96 23 de marzo de 2013 ás 16:26 (UTC)[responder]
- As citas e referencias deben ir onde lles corresponde, non agrupadas ao inicio do parágrafo como se fai neste artigo e se di nesta conversa (citando "motivos estéticos"). Para atopar máis información tedes a páxina WP:CITA (especialmente as seccións WP:CITAENLIÑA e WP:INTEGRIDADE). --Toliño Fala aquí comigo 28 de marzo de 2013 ás 14:59 (UTC)[responder]
- Comentario. Si, Adorian, eu tamén cheguei a pensar que retiraran ese punto das condicións para un artigo de calidade, xa que houbera un debate ao respecto. Pero ese requisito, cando menos discutible, permanece aí e non queda outra que acatalo. De todos os xeitos, non te precipites retirando o teu voto a favor. Ben podemos ampliar o artigo con contidos propios, por exemplo, é moi interesante a proposta de Javi de lle engadir un apartado sobre o leninismo en Galiza ou ampliar as seccións que ti comentas. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 23 de marzo de 2013 ás 18:17 (UTC)[responder]
- Empecei a ampliar a sección de escritos con contidos propios que, certamente, adoece de excesiva brevidade. --Paradanta (Cóntame) 23 de marzo de 2013 ás 18:27 (UTC)[responder]
- Engadín unha sección sobre o leninismo en Galiza. --Paradanta (Cóntame) 1 de abril de 2013 ás 11:49 (UTC)[responder]
- Comentario. Habería, como dixo Toliño, que poñer as citas no lugar onde lle corresponde e non ao comezo dos parágrafos. --JaviP96 1 de abril de 2013 ás 12:01 (UTC)[responder]
- Ok. A ver se algún de nós ten un oquiño para facelo. --Paradanta (Cóntame) 1 de abril de 2013 ás 13:14 (UTC)[responder]