Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Miticultura
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Votación para artigo de calidade de Miticultura
Período de votación: 27/08/2010 - 27/09/2010
SI: 3 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
- Información: proposto por Estevoaei.
MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo ben estruturado (historia, aspectos materiais, económicos e legais...), boas e diversas fotografías, con iws e ben categorizado. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:10, 27 de agosto de 2010 (UTC)
- A favor
- Concordo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:10, 27 de agosto de 2010 (UTC)
- Concordo. --Xas (conversa) 19:18, 27 de agosto de 2010 (UTC)
- Concordo.--Hugo22 15:11, 31 de agosto de 2010 (UTC)
# Concordo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:20, 27 de agosto de 2010 (UTC)
- En contra
- Discordo Polo exposto abaixo por HombreDHojalata, e porque penso que este artigo pode dar aínda máis de si. --Alberte Si, dígame? 18:42, 8 de setembro de 2010 (UTC)
- Agardar
- Agardar, coido que para artigo de calidade fáltanlle algunhas cousas, coma actualización dos datos (ten unha táboa inventario de fai trece anos); penso que se pode mellorar a distribución das imaxes (inclúe cinco galerías, algunhas dunha imaxe, outras de 6...); un repaso para engadir ligazóns internas que faltan; e sobre todo desgaleguizar posto que o artigo chámase "Miticultuta" e non Miticultura en Galicia e a maioría do contido, as referencias e as ligazóns externas so falan dende o punto de vista galego, hai que ollar os interwikis e proxectos irmáns, por exemplo en commons está esta interesante imaxe francesa, e nesta páxina da FAO hai información que se pode engadir.----. HombreDHojalata.conversa 17:47, 8 de setembro de 2010 (UTC)
- Agardar. Moi de acordo con HombreDHojalata. --Atobar (conversa comigo) 17:56, 8 de setembro de 2010 (UTC)
- Comentarios
- Comentario. A iw á wiki inglesa liga a un modelo, non ao artigo equivalente en inglés. De feito, os artigos nas wikis en francés, bretón e catalán carecen da iw inglesa. Vou retirar esa iw. Lino un pouco por riba e semella un chisquiño frouxo nalgúns aspectos científicos, a ver se o leo máis detidamente á noite para poder emitir un voto con máis fundamento--Paradanta (Cóntame) 11:40, 30 de agosto de 2010 (UTC)
- Boto en falta algúns apuntamentos sobre as razóns que fan que esta actividade sexa tan importante en Galiza (condicións físico-químicas e biolóxicas das rías), algunhas implicacións ecolóxicas da alta densidade das bateas nas Rías (risco de anoxias provocadas pola concentración de restos de mexillóns depositados nos fondos) e unha análise máis pormenorizada dalgúns avances que seica se teñen producido ultimamente na estrutura e funcionalidade das bateas. É un bo artigo, dende logo, pero tamén penso que lle falta algo máis para ser de calidade. Un saúdo!--Paradanta (Cóntame) 20:50, 30 de agosto de 2010 (UTC)
- Comentario É un bo artigo, pero non creo que sexa de calidade. Non ten extensión abonda (ollo, para artigo de calidade) e ten algunha ligazón internas en vermello, amais de todo o cadro ao cabo da páxina. Para artigo destacado si está, por descontado.--Atobar (conversa comigo) 11:46, 30 de agosto de 2010 (UTC)
- Comentario Eu penso que ten lonxitude dabondo. O que si fai falta e crear subartigos pra ampliar os diferentes puntos.--Hugo22 15:11, 31 de agosto de 2010 (UTC)