Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Redondela
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 28-12-2013 - 29-1-2014
SI: 3 — NON: 4 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: Tommyhilfiger (conversa) 28 de decembro de 2013 ás 16:28 (UTC) (Período de votación: do 28-12-2013 ó 27-01-2014)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Propoño este artigo porque creo que cumpre os criterios necesarios para Artigo de calidade. Non sei se podo facer unha proposta tendo editado na páxina, xa que teño entendido que non podes facelo se es o creador desta, e non é o caso. --Tommyhilfiger (conversa) 28 de decembro de 2013 ás 16:28 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Tommyhilfiger (conversa) 28 de decembro de 2013 ás 16:28 (UTC)[responder]
- Concordo.--Basilio (conversa) 1 de xaneiro de 2014 ás 13:01 (UTC) Moi interesante e completo.[responder]
- Concordo Paréceme un artigo completísimo, dun nivel que desgraciadamente non se alcanza nin de lonxe noutros concellos. Pedro --Lameiro (conversa) 4 de xaneiro de 2014 ás 23:30 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo. O artigo é de interese (é un dos concellos máis poboados de Galicia) e teñen mérito as melloras despois de levar o marcador de {atención} durante tanto tempo. Porén, está moi lonxe de ser un artigo de calidade (deses que poñemos de exemplo de como un artigo debería ser). No momento da proposta precisaba dunha revisión ortográfica e de ligazóns internas (moitísimas repetidas e outras ausentes). Carece de bibliografía recomendada, fáltanlle referencias. A sección de historia non pasa de esquemática (liquida tres temas moi importantes en Redondela como a Illa de San Simón a Batalla de Rande e a Guerra da Independencia en tres liñas). Por exemplo, a Gran Enciclopedia Galega adícalle máis texto en tódalas seccións, e nós non temos as limitacións de espazo que teñen eles. Un artigo de calidade sobre xeografía ten que ter unha cartografía de calidade. As ligazóns externas teñen que ir co formato Cita web. Varias partes non están redactadas senón que son meras relacións. Non se menciona nin ao Museo da Batalla de Rande, nin ao Pazo de Reboreda, nin ao Pazo de Torre-Cedeira... Na sección de transporte non se fala do único aeroporto da provincia, que está, en parte, en terreos do concello. Para min, as descricións dos xornais sobran, tendo, como teñen, artigo de seu. Igualmente moitas veces se falou de non incluír nos artigos de lugares seccións do tipo "Persoeiros", por parcial (Conversa Wikipedia:Modelo de concellos e outras) e no seu día retiráronse de tódolos artigos. Por outra banda, fixéronse moitos artigos para azulear as ligazóns internas, e algúns deles teñen moitas carencias (son esquemáticos, precisan de revisión ortográfica, sen referencias...) --. HombreDHojalata.conversa 31 de decembro de 2013 ás 16:26 (UTC)[responder]
- Discordo. Polo dito por HombreDHojalata. --Xas (conversa) 1 de xaneiro de 2014 ás 15:08 (UTC)[responder]
- Discordo. --AMPERIO (conversa) 7 de xaneiro de 2014 ás 15:15 (UTC)[responder]
- Discordo. Creo que HombreDHojalata ten razón, este artigo aínda ten que comer moito caldo... --Angeldomcer (conversa) 7 de xaneiro de 2014 ás 16:51 (UTC).[responder]
- Neutros
- Agardar
- Agardar. É certo que o artigo presenta eivas, mais ten moi boa base e penso que hai tempo para melloralo. O propio Usuario:Tommyhilfiger é de Redondela e moitos outros pochen achegar máis información que axude a solucionar estas eivas. Piquito (conversa) 1 de xaneiro de 2014 ás 16:33 (UTC)[responder]
- Agardar. Concordo plenamente co dito por Piquito. --Pontevedra78 | Conversa 3 de xaneiro de 2014 ás 20:56 (UTC)[responder]
Agardar. --AMPERIO (conversa) 4 de xaneiro de 2014 ás 19:54 (UTC)[responder]- Agardar. Acabo de revisar o artigo e o que lle vexo é que a sección de historia debería ampliarse, é unha parte importante que non ten o peso axeitado a un artigo de calidade. Tamén habería que revisar a redacción dalgúns parágrafos que teñen partes repetitivas (por exemplo o 3.3.4 Outros elementos relixiosos), quitar as ligazóns internas repetidas, cambiar as seccións que só son listas por seccións redactadas. A sección de Medios de comunicación paréceme excesivamente detallada, penso que habería que resumila e redactala doutro xeito, e a parte da sección Educación no que se citan tódolos colexios penso que habería que poñela doutra forma ou eliminar a lista, non me parece que sexa necesaria. Por outra banda hai que salientar que é un gran artigo e que cun pouco de traballo máis será un artigo de calidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xaneiro de 2014 ás 13:39 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Tommyhilfiger, creo que agora permítese mesmo presentar artigos de creación propia (se me engaño que alguén me corrixa), así que por eso non te preocupes. Piquito (conversa) 31 de decembro de 2013 ás 12:42 (UTC)[responder]
- Comentario Si, na votación para modificar este procedemento aceptouse a presentación de autoprostas. Saudos, --Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2013 ás 14:08 (UTC)[responder]
- Comentario Ok, tentarei solucionar os problemas que Hombredehojalata apuntou. Se alguén se anima a contribuír, mellor! --Tommyhilfiger (conversa) 3 de xaneiro de 2014 ás 00:48 (UTC)[responder]
- Comentario. Ocórreseme que podería estar ben crear un modelo de "lugares de interese" como hai noutros artigos como A Coruña, Vigo, Betanzos, Monforte de Lemos... Non sei qué vos parece, se alguén que coñeza ben o concello se anima... eu non coñezo moito a zona. Piquito (conversa) 7 de xaneiro de 2014 ás 00:42 (UTC)[responder]
- Comentario. Eu eliminaría a táboa de datos climáticos. Estes só son estatisticamente significativos se abranguen un periodo mínimo de 30 anos, polo que unha táboa de datos correspondente a un só ano non aporta nada (puido ter sido un ano demasiado seco, demasiado frío, etc). De non atopar datos verdadeiramente significativos é mellor non pór ningún que ter uns enganosos. Tampouco é correcto dicir que ten un clima con influencias mediterráneas, os matices climáticos das Rías Baixas, dentro do seu clima oceánico, teñen outras causas. --Paradanta (Cóntame) 25 de xaneiro de 2014 ás 18:25 (UTC)[responder]