Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Revolución de Maio
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: rexeitado
Período de votación: 13/2/2017 - 15/3/2017
SI: 3 — NON: 4 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
- Proposto por: RubenWGA (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 01:16 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 13-02-2017 ata o 15-03-2017.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Traducido do homónimo en lingua castelá e do homónimo en lingua inglesa onde son destacados (ou de calidade). Traballado e revisado profundamente, información correcta e completa, adecuadamente referenciado. Artigo que profundiza no que foi un dos máis relevantes acontecementos revolucionarios, concretamente no Virreinato do Río da Prata, en Arxentina e dependente neses tempos do rei de España, e Hispanoamérica: a Revolución de Maio. Imaxes e recursos multimedia ben empregados e colocados ao longo do artigo. Citas, cronoloxía, código QR... --RubenWGA (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 01:16 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --RubenWGA (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 01:16 (UTC)[responder]
Concordo. Unhanova (conversa) 15 de febreiro de 2017 ás 07:51 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 19 de febreiro de 2017 ás 01:14 (UTC)[responder]
Concordo. --Breogan2008 (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 21:40 (UTC)[responder]
- Concordo.--Gobraves (conversa) 22 de febreiro de 2017 ás 08:26 (UTC)[responder]
Concordo --. HombreDHojalata.conversa 7 de marzo de 2017 ás 21:55 (UTC)--. HombreDHojalata.conversa 10 de marzo de 2017 ás 12:52 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo - Segue a conter referencias incorrectamente situadas no artigo, referencias tiradas do artigo na wikipedia en inglés cando a fonte do mesmo é unha tradución do artigo na wikipedia en castelán, situadas de forma aparentemente aleatoria, consciente ou inconscientemente, sen unha revisión en moitos casos, violando a verificabilidade e a neutralidade. (Ademáis das indicadas no meu comentario inicial: jubany, bethell 95, galasso 40, ref#170 "5 centavos"...) Considero probable que haxa máis nesa situación dentro do artigo, veño de revisar unha cantidade abundante de artigos en situación semellante. Sen entrar a valorar a intencionalidade ou non deste tipo de accións, nin o seu propósito ou motivación, considero que son moi perxudiciais para a Wikipedia e deben valorarse como tal. ☣Banjo tell me 10 de marzo de 2017 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Discordo O procedemento de referenciación do artigo está baixo sospeita. --. HombreDHojalata.conversa 10 de marzo de 2017 ás 12:52 (UTC)[responder]
- Discordo Coas referencias incorrectas este artigo non pode ser de calidade, aínda que a votación saia a favor non cumpre Wikipedia:O que é un artigo de calidade. Iso si, aínda hai tempo a amañalo se se traballa ben nel, e se non, non pasa nada poderá volver a presentarse cando estea ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de marzo de 2017 ás 14:16 (UTC)[responder]
- Discordo --Atobar (conversa comigo) 14 de marzo de 2017 ás 11:40 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Fixen algúns arranxos no artigo. Deixei un comentario na conversa sobre uns títulos. Hai que revisar ese tema, xa que vin varios ao longo do artigo que creo que non deberían ir en galego ao tratarse ben de cancións (O sol do 25 -> Na sección A Revolución de Maio na cultura popular, ben de nomes de periódicos. As ligazóns internas tamén foron revisadas, xa que algunhas incluían traducións de apelidos (Lúa por Luna) aínda así pode que me quedara algunha.--AMPERIO (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 12:34 (UTC)[responder]
- @AMPERIO:, @Piquito: Revisei todo o campo dos títulos, nomes, etc... galeguizados e engadín referencias desde o artigo na Wikipedia inglesa. O artigo vai polo bo camiño e vai mellorando pouco a pouco. Grazas polas vosas achegas e apoio. Apertas, --RubenWGA (conversa) 14 de febreiro de 2017 ás 00:26 (UTC)[responder]
- Comentario
- A introdución non resume gran parte do artigo. Inclúe unha cita e duas afirmacións non presentes no mesmo. A cita en particular non debería incluírse completa na introdución, senón no corpo do artigo, agás que sexa particularmente relevante no contexto do mesmo.
- Ningunha das referencias á obra citada de Bethell é correcta. As páxinas indicadas non referencian nada do texto ó que acompañan.
- Resulta excesivo ter unha sección de segundo nivel para "Proclama do 26 de maio", "Circular aos cabidos do interior" e "A versión de Cisneros". O seu contido debería estar incorporado noutras seccións máis xerais para axilizar a estrutura.
- Fonrouge 2009 non se cita en ningunha parte do texto, e a ligazón externa está morta.
- A única referencia a Archer é incorrecta, non di nada de Cisneros.
- O uso que fan das referencias á obra de Brown no artigo inglés non corresponden co de aquí. A simple vista e a falta dunha consulta particular da obra, semellan incorrectas.
- En xeral tódalas referencias tiradas do artigo na wiki inglesa semellan estar incorrectas, ningunha delas referencia ó texto que acompaña.
☣Banjo tell me 19 de febreiro de 2017 ás 21:14 (UTC)[responder]
- Eu non revisei este tema pero se Banjo está no certo no tema das referencias, penso que deberían amañarse antes de aceptar que o artigo sexa de calidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 08:47 (UTC)[responder]
- @Banjo:, @Elisardojm: Concentrarei toda a miña atención do artigo en arranxar o campo das referencias que están, como ben comentades, mal posicionadas ao longo do artigo. Estou a comparar o artigo co da Wikipedia en inglés e coido que poida ser un tema ben solucionábel. Moitísimas grazas polas observacións e por axudar a que o artigo mellore e medre día a día. Apertas, --RubenWGA (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 19:23 (UTC).[responder]
- Grazas a ti polo traballo no artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 21:19 (UTC)[responder]
- @Banjo:, @Elisardojm: Nestes últimos días traballei no campo das referencias que estaban mal colocados ao longo do artigo e hoxe puiden rematar de arranxalas. Proximamente, mirarei e revisarei todos os demais puntos e verei o que se pode facer con eles. Moitísimas grazas polos vosos consellos e observacións que son sempre ben recibidas. Apertas, --RubenWGA (conversa) 26 de febreiro de 2017 ás 14:03 (UTC).[responder]
- Grazas a ti polo traballo no artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 21:19 (UTC)[responder]
- @Banjo:, @Elisardojm: Concentrarei toda a miña atención do artigo en arranxar o campo das referencias que están, como ben comentades, mal posicionadas ao longo do artigo. Estou a comparar o artigo co da Wikipedia en inglés e coido que poida ser un tema ben solucionábel. Moitísimas grazas polas observacións e por axudar a que o artigo mellore e medre día a día. Apertas, --RubenWGA (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 19:23 (UTC).[responder]
- Eu non revisei este tema pero se Banjo está no certo no tema das referencias, penso que deberían amañarse antes de aceptar que o artigo sexa de calidade. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de febreiro de 2017 ás 08:47 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘@Banjo:, @Elisardojm: Hoxe puiden rematar co campo das referencias e co da introdución, que a cambiei pola da Wikipedia inglesa, mais mantendo algúns matices da española, e as seccións para axilizar a navegación. En xeral, respecto aos puntos comentados hai certo tempo, coido que, despois de revisalos e traballalos, están practicamente solucionados e arranxados. Gustaríame que, se tedes un pouco de tempo, botásedes unha ollada novamente ao artigo para detectar e comentar posibles novos erros e observacións que se poidan atopar nel. Novamente, moitísimas grazas e un cordial saúdo, --RubenWGA (conversa) 27 de febreiro de 2017 ás 13:47 (UTC).[responder]
- @Banjo:, @Elisardojm:, @Piquito:, @AMPERIO: Moi boas noites. Ao meu xuizo, o artigo está, xa sí que sí e despois duns días, arranxado e completo. Agradezo moitísimo a todos toda a vosa colaboración, axuda, apoio e traballo realizado sobre o artigo proposto. Gustaríame que comentásedes se detectades algún outro erro ou observación a ter en conta sobre o artigo proposto. Moitísimas grazas e apertas, --RubenWGA (conversa) 6 de marzo de 2017 ás 00:11 (UTC).[responder]
Banjo, podes indicar tres ou catro referencias incorrectas no artigo para consultalas directamente e aforrar tempo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 10 de marzo de 2017 ás 10:38 (UTC)[responder]
- [168]jubany, [42] bethell 95, [43] galasso 40, [170] "5 centavos", [128] Galasso 59, [129] Galasso 60, [72] Chasteen 54 ... ☣Banjo tell me 10 de marzo de 2017 ás 10:59 (UTC)[responder]
- @Elisardojm:, @HombreDHojalata:, @Banjo:, @Breogan2008: Moi boas noites. Esta fin de semana dediquei toda a miña atención a solventar os problemas presentados na proposta para artigo de calidade. No estado de impotencia no que me encontraba decidín que a tradución feita do artigo en castelán pasaría a ser a tradución do artigo en inglés mais mantendo algúns matices do da Wikipedia española. Coido que agora sí as referencias acompañan e verifican o contido ao ser o texto da Wikipedia en inglés. Eliminei diversas citas, ao meu xuízo, irrelevantes no desenvolvemento do artigo e de cara á atención do lector ou lectora. Moitísimas grazas a todos polo tempo e traballo prestado sobre o artigo e seméllame importante recalcar as miñas desculpas polos inconvenientes causados, como xa o fixen o xoves e agradezo profundamente todos os vosos consellos e mensaxes. Mais nada, novamente grazas e apertas, --RubenWGA (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 22:49 (UTC).[responder]
- Eliminei o apoio ata ter tempo de poder comprobar as obxeccións e se están solucionadas. Unhanova (conversa) 13 de marzo de 2017 ás 07:51 (UTC)[responder]