Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Valentín Paz-Andrade
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Artigo de calidade.
Período de votación: 01-01-2012 - 03-02-2012
SI: 10 — NON: ningún — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Información: proposto por HombreDHojalata. MÉRITOS DO ARTIGO: Durante o ano 2012, Valentín Paz-Andrade será, previsiblemente, un dos artigos máis consultados.
Non podemos, non debemos renunciar a que algún escolar despistado que o busque na wiki en castelán vexa a estreliña ó carón de Galego. --. HombreDHojalata.conversa 11:47, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)
- A favor
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 11:47, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo. --Breogan2008 (dime) 11:43, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo. --Hugo22 (conversa) 16:49, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo, e ¡feliz ano! Pedro --Lameiro (conversa) 16:26, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo, pero porque considero que o artigo cumpre cos requisitos esixidos; non vexo correcta a proposta dun artigo como de calidade polo mero feito de que sexa destacado en relación a outros proxectos irmáns, senón que debe ser un gran artigo en si mesmo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:47, 1 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo. -- JonnyJonny 00:06, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo. --chairego, (si?) 16:28, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 15:44, 2 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo.--Alfonso mande 01:37, 3 de xaneiro de 2012 (UTC)
- Concordo O artigo é de calidade, e concordo co que di Estevoaei. --Alberte Si, dígame? 16:40, 6 de xaneiro de 2012 (UTC)
Concordo.--Brais pika 17:24, 7 de xaneiro de 2012 (UTC) Non pode votar por non levar 150 contribucións e 60 días de antigüidade ao comezo da votación--. HombreDHojalata.conversa 17:32, 7 de xaneiro de 2012 (UTC)
- En contra
- Neutros
- Neutro. Voto neutro porque a pesar de que se solucionaron as eivas máis grandes que lle vía ao artigo considero que aínda se podería ampliar máis, polo que puiden saber por outros usuarios non hai moita información polo momento sobre os seus primeiros anos e sobre outros aspectos, mais considero que tan pronto se podan engadir os usuarios máis entendidos o farán, así como profundizar nas características da súa obra. Considero que polo momento non é de calidade, mais con toda a información que a ben seguro sairá nos vindeiros meses, será de calidade ben pronto, polo que tampouco me opoño e voto neutro. Sigo pensando que o cabezado é curto, mais só é un cabezado. Un saúdo, Piquitoconversa 13:03, 31 de xaneiro de 2012
- Agardar
Agardar, véxase comentario. --PiquitoConversa Usuario:Piquito 18:05, 9 de xaneiro de 2012
- Comentarios
Ante todo non quero bogar á contra e, tas ler o artigo completo podo dicir que é un artigo bo, sen mais. Non quero desmerecer o traballo dos usuarios que traballaron nel, mais ten unha chea de defectos (algúns moi graves segundo a miña opinión) que non só non me permiten votar a favor para artigo de calidade, senón que me impedirían a día de hoxe levalo á portada (puntos 3 e 4 da miña exposición, e especialmente o 4) e que narrarei a continuación:
1. Eu véxolle un "defecto", o da extensión... cértamente esto é todo o que se pode dicir dunha personalidade tan destacada? O pregunto porque non o sei, mais se temos en conta outras propostas como a do Alzamento de Pascua (un dos mellores artigos sobre o tema de entre tódalas wikis, se non o mellor) eu me pregunto: é posible que unha semana de Alzamento dea para máis que toda a vida dun home? Sei que non se deberían medir os artigos de calidade pola extensión, mais o certo é que boa parte do contido do artigo se vai na obra, nas notas e en véxase tamén... Outra cousa que non me gusta moito é o cabezado, que o vexo moi escueto (problema menor e irrelevante).
2. Outra eiva que lle vexo é a sección de Posguerra, xa que non entendo o parágrafo que di Ao longo da súa vida, e por mor dos seus artigos e do seu vencello político, foi detido en diversas ocasións, a primeira vez en 1924, por dous artigos publicados en Galicia. Sería detido e encarcerado outra vez en 1957 por outro artigo publicado en Industrias Pesqueras no que se criticaba ao comandante militar da Marina de Vigo, cértamente vexo este parágrafo fóra de lugar (se estamos na Posguerra por que falamos de 1924???), debería ir noutro sitio, segundo o meu modesto punto de vista.
3. Outra cousa no apartado de Posguerra é o de incluír feitos acontecidos entre 1936 e abril de 1939... xa sei que é moi pouca información a que hai sobre ese período, sei tamén que non se pode dicir que na Galiza houbera guerra, mais eso non é posguerra de ningún xeito porque a guerra finalizou no 39. Non sei cómo se podería amañar esto, mais discordo totalmente con que vaia ahí por incoherencia histórica (por chamalo dalgún xeito).
4. Vexo outro erro flagrante na sección Restauración Democrática, xa que se fala da: restauración borbónica?! NON. A restauración borbónica foi algo ben distinto que tivo lugar moito antes dos feitos que se narran, aquí o que debería ir sería Transición Española (eso si é real). Esa frase é un engano, se queremos que os escolares despistados vaian ao artigo por ver a estrela e len eso o que estamos a facer é desinformalos e enganalos.
5. Outra cousiña menor que se me ocorre é que aparecera algo dos primeiros anos (como ocorre con Castelao, xa que parece que a súa vida comece en 1916. Coido que estaría ben indagar sobre o tema.
6. Que foi o atentado de Verín? Xa que aparece, coido que non estaría de máis dicir o que pasou como se fai no caso do de Vigo; explicar por qué foi, quen o realizou, en qué contexto se deu, cal foi o resultado. Tamén me pregunto: Pasou algo a raíz destes atentados? Cambiou algo nel? Influíu na súa obra dalgún xeito? Seguramente sexan preguntas sen contestación (non coñezo a biografía nin os libros que se publicaron sobre Valentín Paz-Andrade), mais se puidera ir algo sería a repanocha.
7. Boto en falta algo de características da súa obra (se é posible), xa que o que se lle vai recoñecer este ano é precisamente eso e coido que é do que menos se fala.
8. Vexo que na sección Outros artigos de Véxase tamén, aparece unha ligazón interna ao reintegracionismo, algo do que non se fala para nada no artigo. Por que se hai unha ligazón a algo non se fala no artigo? Sinceiramente non o entendo e é algo que descoloca, xa que en ningures se di que fora reitegracionista.
Coido que estes son os defectos que ten segundo a miña opinión (se cadra se me pasou algún, mais estes dende logo son os principais). Non vou emitir un voto favorable ou desfavorable polo momento, xa que considero que lle debo dar unha oportunidade aos editores para mellorar este artigo, cando pasen unhas semanas verei se estes puntos foron corrixidos e emitirei un voto en consecuencia. Sinto a parrafada e pido desculpas por se a alguén lle parecín un pouco duro, mais se o que se quere é que teña o rango máximo, a esixencia ten que ser máxima (e coido que non estamos a xulgar este artigo co rigor que se debera), moitos artigos moi completos foron rexeitados con máis méritos que este (non é ningunha vinganza ou ningún tipo de revancha por non ter saído a miña proposta do Alzamento de Pascua, quede claro). Sinto non poder votar a favor. Un saúdo e a darlle para melloralo e que sexa realmente de calidade, Piquitoconversa 18:54, 9 de xaneiro de 2012