Wikipedia:Como variar os frames
Nos wikis en xeral, e nas wikipedias en particular, hai diferentes niveis de acceso. O usuario xeralmente só ten acceso, e pode variar, o que aparece na fiestra ou frame central, mediante o clic en 'Edita esta páxina' da parte superior ou a inferior, ou cargar unha imaxe mediante 'sube un ficheiro' da parte esquerda.
Dese punto central, existen variacións.
Para menos: Pode denegárselle acceso a un usuario para efectuar variacións nas páxinas.
Para máis: Os chamados administradores (sysop, ver lista de usuarios) teñen algunhas prerrogativas máis, como o poder borrar páxinas, o efectuar negacións de acceso como as comentadas no párrafo anterior e variar o contido que se amosa nos frames superior, lateral e inferior, así como as mensaxes de erro, advertencia, etc, mediante a variación nunha táboa de mensaxes abondo longa (e que en galego está aínda a día de hoxe, 13/04/04, sen rematar de traducir do inglés).
Máis aínda: Os administradores con status 'burocrático', que poden por exemplo facer novos administradores a usuarios rexistrados.
O máis de todos: A xente que programa e mantén o sitio, representada por [Brion_VIBBER], que pode facer outros cambios maiores, como o de versión de wiki usada.