Wikipedia:Efemérides destacadas/10 de marzo
Aparencia
- 1729, comeza a edificación da Praza Maior de Salamanca.
- 1905, comeza a batalla de Mukden entre xaponeses e rusos, que durou 15 días e foi gañada polos primeiros, con elevadas mortes para ambas partes.
- 1928, nace Sara Montiel, cantante e actriz de cine española.
- 1938, Guerra civil española: o corpo de exército marroquí toma Belchite (Zaragoza).
- 1944, publícase en Buenos Aires Sempre en Galiza, libro de ensaio político escrito por Castelao, considerado a obra canónica do nacionalismo galego.
- 1994, Nelson Mandela (na imaxe) xura o cargo de presidente de Suráfrica diante dunha eufórica multitude, e termina definitivamente coa era do apartheid.
Hoxe é o Día da Clase Obreira Galega.