Wikipedia:Efemérides destacadas/12 de abril
Aparencia
- 65, morre Séneca, filósofo, dramaturgo e estadista romano (n. 4 a.C.).
- 1204, a Cuarta Cruzada saquea Constantinopla.
- 1530, morre Xoana a Beltranexa, raíña rival de Castela e raíña consorte de Portugal.
- 1961, o cosmonauta soviético Iuri Gagarin convértese no primeiro home no espazo, ao realizar un voo a bordo da nave Vostok 1.
- 1965, morre A Bela Otero (na imaxe), actriz e bailarina, nada en Valga en 1868.
- 1981, realízase o primeiro lanzamento dunha nave espacial tipo "lanzadeira espacial": o Columbia lánzase para a misión STS-1, con dous homes a bordo, culminando con éxito o seu primeiro voo espacial.
Hoxe é o Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados.