Wikipedia:Efemérides destacadas/12 de xuño
Aparencia
- 1886, unha expedición española toma posesión para a Coroa de Río de Oro, no Sáhara coccidental.
- 1921, nace en Valencia Luis García Berlanga, guionista e director de cine español.
- 1941, nace Chick Corea, pianista e compositor estadounidense.
- 1967, nace en Madrid Icíar Bollaín (na imaxe), directora de cine española.
- 1985, España asina o tratado de adhesión á CEE (hoxe Unión Europea).
- 1992, inaugúrase en Río de Xaneiro o Cumio da Terra, onde se adoptan medidas internacionais contra a deterioración do medio ambiente.
Hoxe celébrase o Día Mundial contra o Traballo Infantil.