Wikipedia:Efemérides destacadas/13 de xaneiro
Aparencia
- 1898, Émile Zola publica o seu famoso Eu acuso en L'Aurore (na imaxe).
- 1906, un incendio destrúe case toda a cidade de Panamá.
- 1933, o goberno republicano español sufoca violentamente os Sucesos de Casas Viejas, unha rebelión obreira e libertaria iniciada tres días antes en Casas Viejas (Cádiz).
- 1941, morre James Joyce, escritor irlandés.
- 1950, restablécese a pena de morte na Unión Soviética.
- 1998, A Discoverer Enterprise racha as estachas de madrugada e vai bater contra a Ponte das Pías, deixando a Ferrol sen a súa principal vía de comunicación.