Wikipedia:Efemérides destacadas/13 de xuño
Aparencia
- 1906, nace en Viveiro o diplomático, escritor e tradutor Lois Tobío Fernández (m. 2003).
- 1910, nace en Ferrol Gonzalo Torrente Ballester, novelista galego que escribiu preferentemente en lingua castelá (m. 1999).
- 1949, publícase a novela 1984, de George Orwell.
- 1991, Boris Eltsin gaña as primeiras eleccións libres nunha Rusia aínda integrante da Unión Soviética.
- 1995, un rastro de helio no espazo exterior confirma a teoría do big-bang.
- 2002, as chamadas Illas Atlánticas (na imaxe) convértense no primeiro parque nacional de Galicia.