Wikipedia:Efemérides destacadas/14 de marzo
Aparencia
- 1519, Hernán Cortés desembarca nas costas do Golfo de México con 700 homes para emprender a conquista do país.
- 1815, Napoleón Bonaparte escapa da illa de Elba; o xeneral Ney, que tiña que detelo, ponse ás súas ordes e recibe o mando do Segundo Corpo do Exército.
- 1883, morre o pensador alemán Karl Marx.
- 1918, o goberno soviético ruso establece a súa sede en Moscova e instálase no Kremlin (na imaxe).
- 1980, morre dun accidente de avión Félix Rodríguez de la Fuente, naturalista español.
- 1989, o Líbano vive unha das xornadas máis sanguentas da súa guerra civil, con máis de 50 mortos e uns 150 feridos.
- 2003, o Goberno Vasco leva a Lei de Partidos ao Tribunal de Dereitos Humanos perante o que considera un ataque contra o goberno central.