Wikipedia:Efemérides destacadas/14 de xuño
Aparencia
- 1864, nace Alois Alzheimer (na imaxe), psiquiatra e neurólogo alemán que identificou por primeira vez os síntomas do que despois se coñecería como mal do Alzheimer (m. 1915).
- 1900, Hawai tórnase territorio dos Estados Unidos de América.
- 1986, morre en Xenebra Jorge Luis Borges, escritor arxentino (n. 1899).
- 2013, o ICANN aproba o dominio .gal.
Hoxe é o Día Mundial do Doador de Sangue.