Wikipedia:Efemérides destacadas/17 de febreiro
Aparencia
- -478, Herodoto menciona unha eclipse anular de sol cando Xerxes I partía para a súa expedición contra Grecia.
- 1600, morre na fogueira, condenado pola Inquisición, Giordano Bruno, pensador italiano (n. 1548).
- 1867, o primeiro navío atravesa o canal de Suez (na imaxe); a inauguración oficial foi o 17 de novembro de 1869.
- 1957, nace Loreena McKennitt, cantante e intérprete de piano e arpa canadense.