Wikipedia:Efemérides destacadas/18 de setembro
Aparencia
- 1810, instálase no Chile a Primeira Xunta Nacional do Goberno, dando así o primeiro paso para acadar a súa independencia.
- 1908, morre Emilia Calé, narradora, poetisa, dramaturga e xornalista galega en lingua castelá.
- 1910, colócase a primeira pedra do monumento da Virxe da Rocha de Baiona.
- 1931, Xapón comeza a invadir Manchuria, situada ao norte de China.
- 1970, morre Jimi Hendrix (na imaxe), músico de rock.
- 1971, nace Lance Armstrong, ciclista norteamericano.
Hoxe é o Día da Independencia de Chile.