Wikipedia:Efemérides destacadas/20 de marzo
Aparencia
- 1727, morre Isaac Newton (na imaxe), científico británico.
- 1897, morre Felicia Auber, escritora galega.
- 1997, a Audiencia Nacional condena o ex-presidente de Banesto, Mario Conde, a seis anos de cárcere, imponlle unha multa de 18 millóns de pesetas e ordénalle restituír ao banco 600 millóns, en relación co caso Argentia Trust.
- 2003, EUA esixe a 200 empresas galegas teren plans contra o bioterrorismo.
- 2005, o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro comeza a visitar algunhas zonas para avaliar os danos ocasionados polos incendios provocados na tempada pasada.
- 2006, entréganse en España os Premios Max das Artes Escénicas.
- Hoxe é o Día mundial da Narración Oral