Wikipedia:Efemérides destacadas/24 de xaneiro
Aparencia
- 1958, científicos británicos e estadounidenses anuncian que lograron unha fusión nuclear controlada.
- 1990, publicación do Decreto 3/1990 polo que se segregan as Universidades de Coruña (na imaxe) e Vigo da Universidade de Santiago.
- 2003, catástrofe ecolóxica do Prestige: o colectivo de mestres Area Negra (integrados en Nunca Máis) desprega unha cadea humana de 50.000 alumnos entre as localidades de Laxe e Muxía.
- 2005, ponse en marcha oficialmente o Plan Xeral de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia, que recolle máis de mil medidas para a extensión e uso do galego na sociedade.