Wikipedia:Efemérides destacadas/25 de xaneiro
Aparencia
- 1554, fúndase a cidade de São Paulo no Brasil.
- 1627, nace Robert Boyle, físico e químico angloirlandés.
- 1809, na Guerra da Independencia Española, as tropas francesas entran en Ribadeo esixindo gran cantidade de alimentos ás aldeas dos arredores.
- 1831, independencia de Polonia.
- 1882, nace Virginia Woolf (na imaxe), escritora británica (m. 1941).
- 1936, o Partido Galeguista nunha Asemblea Extraordinaria aproba o ingreso do PG na Fronte Popular para concorrer nas eleccións xerais con cinco candidatos galeguistas, Castelao, Bóveda, Xerardo Álvarez Gallego, Ramón Suárez Picallo e Antón Vilar Ponte.