Wikipedia:Efemérides destacadas/25 de xuño
Aparencia
- 1287, Rodrigo Gómez de Neda, da nobreza galega, outorga en Montpellier o seu testamento onde di ter cometido asoballamentos en Galicia e manda facer restitucións.
- 1925, reaparece a Revista Nós na Coruña por iniciativa de Ánxel Casal e coa colaboración de membros do Seminario de Estudos Galegos, ademais de colaboradores da primeira época.
- 1975, Mozambique consegue a independencia de Portugal.
- 1985, morre en Buenos Aires Leandro Pita Romero (n. 1898), político, diplomático, xornalista e escritor galego.
- 1993, Tansu Çiller convértese na primeira muller en ser nomeada primeira ministra de Turquía.
- 1998, Microsoft lanza o Windows 98.
- 2009, morre Michael Jackson (na imaxe), cantante, compositor e bailarín estadounidense.