Wikipedia:Efemérides destacadas/25 de xullo
Aparencia
- 813, comeza a historia de Santiago de Compostela cando o bispo de Iria Flavia descobre, segundo a tradición, o sepulcro do apóstolo no bosque de Libredón.
- 1907, Corea tórnase un protectorado do Xapón.
- 1948, o presidente do Consello de Galiza no exilio, Castelao (na imaxe), pronuncia o seu famoso e emotivo discurso Alba de Groria no Centro Galego de Buenos Aires.
- 1965, o padre xesuíta Xaime Seixas dá, en Santiago de Compostela, a primeira misa en galego.
- 2000, accidente dun avión Concorde no Val d'Oise.
Hoxe é o Día Nacional de Galicia.