Wikipedia:Efemérides destacadas/4 de marzo
Aparencia
- 1812: celébrase o primeiro sorteo da lotería instituída polas Cortes de Cádiz.
- 1860: Abraham Lincoln é elixido presidente dos EUA.
- 1861: España acepta o ofrecemento da que foi colonia de Santo Domingo para reincorporarse á Monarquía. A anexión durou 4 anos.
- 1889: nace Francisco Asorey (na imaxe), escultor galego.
- 1904: un violento tremor de terra en Perú ocasiona miles de vítimas.
- 1923: na Real Academia de Ciencias de Madrid, Afonso XIII entrega o título de académico correspondente a Albert Einstein.
- 1945: Francisca Herrera Garrido é a primeira muller en ser nomeada membro numerario da RAG.