Wikipedia:Efemérides destacadas/4 de novembro
Aparencia
- 1899, publícase A interpretación dos soños de Sigmund Freud.
- 1907, nace Pilar Primo de Rivera, fundadora e dirixente da Sección Femenina da Falange.
- 1918, comeza no porto de Kiel (Alemaña) a revolución de novembro, que culminaría coa substitución do II Reich pola república de Weimar.
- 1922, o arqueólogo británico Howard Carter atopa no Val dos Reis a entrada á tumba de Tutankhamon.
- 1950, morre Francisca Herrera Garrido (na imaxe), escritora e primeira muller na Real Academia Galega, conmemorada no Día das Letras Galegas de 1987.
- 1956, tropas soviéticas invaden Hungría para esmagar o erguemento húngaro.
- 1980, publícase no Boletín Oficial das Cortes o Proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado o 22 de outubro dese ano pola Comisión Constitucional tralas modificacións feitas pola Asemblea de parlamentarios de Galicia.
Hoxe é o Día da Ciencia en Galego.