Wikipedia:Efemérides destacadas/9 de marzo
Aparencia
- 1678, réndese a cidade de Gante, defendida por 500 españois fronte a 40.000 franceses, durante unha gran ofensiva dos exércitos de Lois XIV de Francia na guerra para diminuír a potencialidade de España en Europa.
- 1695, nace en Vilafranca do Bierzo Frei Martín Sarmiento, considerado un dos pais da lingüística galega. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.
- 1980, o PNV gaña as eleccións ao Parlamento vasco.
- 1994, morre nos Ánxeles Charles Bukowski, escritor e poeta estadounidense (n. 1920).
- 1994, morre Fernando Rey, actor galego nado na Coruña. (n. 1917)
- 2006, Aníbal Cavaco Silva (na imaxe) toma posesión como presidente de Portugal.