Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Fisterra, Galiza. 28 Mar 09.jpg
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 5 a favor e ningún na contra.
- Información: Peregrino aviado ó xeito tradicional en Fisterra. Imaxe creada e cargada en Flickr por Ramon Piñeiro ; proposta por Lmbuga. -- Lmbuga / Conversa comigo 22:48, 7 marzo 2010 (UTC)
- A favor
- Concordo. -- Lmbuga / Conversa comigo 22:48, 7 marzo 2010 (UTC)
- Concordo. Estando en Ano Santo, estaría ben adicarlle algunha imaxe da semana ó Xacobeo.--Iago dime 22:59, 7 marzo 2010 (UTC)
- Concordo co dito por Iago, e penso que sobre o tema podense pór maís durante o ano, sen ser semanas seguidas Elvira (conversa comigo) 08:03, 8 marzo 2010 (UTC)
- Concordo con Iago. --HombreDHojalata conversa 20:51, 8 marzo 2010 (UTC).
- Concordo A imaxe ben merece estar na portada. Pedro --Lameiro (conversa) 19:31, 27 marzo 2010 (UTC)
- En contra
Discordo --Xoacas(Góstache o pemento?) 21:45, 8 marzo 2010 (UTC). Retiro o voto segundo resolución do debate no taboleiro de administradores. --Atobar (conversa comigo) 14:58, 9 marzo 2010 (UTC)- Atendendo ao solicitado por Iago por aí abaixo, aclaro unha cousa: eu non entendo de fotografía nin ambiciono entender, así que cando teño que votar si ou non o único que podo facer é ollar para ela e escoitar o que me di o peito. Nesta foto o peito díxome que non, noutras díxome que si. Por non ser repetitivo e non facer alarde da miña ignorancia sobre o tema, evito dar explicacións en todas as fotos que voto. Para máis aclaracións xa sabedes onde moro. --Xoacas(Góstache o pemento?) 23:00, 8 marzo 2010 (UTC)
- Non se trata do que che diga o peito, senón de que hai unhas normas iguais para todos que tes que acatar. E, ao igual que o comentario de abaixo, estendo isto a todos os que votan negativamente sen explicar porqué. --Iago dime 23:25, 8 marzo 2010 (UTC)
- Comentario A miña razón para emitir un voto negativo, agora retirado polos administradores, é a seguinte: este non é o caso da imaxe da obra do alemán de Camelle, esta representa un obxecto de metal antropomorfo que ten de todo menos calidade artística. Non é doado facer unha foto interesante tomando iso como motivo, sería un milagre outra cousa. O que si que me pareceu emocionante é o ceo que hai atrás, aínda que non é tampouco algo que marque época. Que este ano sea xacobeo non lle aporta virtudes ao obxecto artístico. Resumindo: cun motivo así non hai fotógrafo bo dabondo. Non hai nin que dicir que sobre estes motivos non cabe a discrepancia, como non cabe discutir do que é feo ou fermoso. En todo caso xa este tema quedou resolto, como ben di Atobar. --Xoacas(Góstache o pemento?) 00:26, 10 marzo 2010 (UTC)
- Non se trata do que che diga o peito, senón de que hai unhas normas iguais para todos que tes que acatar. E, ao igual que o comentario de abaixo, estendo isto a todos os que votan negativamente sen explicar porqué. --Iago dime 23:25, 8 marzo 2010 (UTC)
- Comentarios
- Comentario Deixo o comentario na votación desta imaxe, coma podería ir en calquera outra nas que se da esta situación. Segundo afirman as normas de votación: "Por favor trate de argumentar a súa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o seu acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando se opoña" (a negriña ven no texto orixial). En consecuencia, solicito a quenes votan negativamente a unha proposta sen expoñer argumentalmente a súa oposición que, no sucesivo, expliquen os motivos polos que solicitan que se rexeite unha imaxe. --Iago dime 22:37, 8 marzo 2010 (UTC)