Wikipedia:Proxectos pedagóxicos/CEIP Plurilingüe de Tarrío
Resumo de balance: rematado |
Obxectivos
[editar a fonte]- Presentar a Galipedia ós alumnos.
- Concienciar ao alumnado da importancia da participación e o coidado da Galipedia.
Metodoloxía
[editar a fonte]Farase unha pequena presentación da Galipedia na que haberá unha parte de edición práctica corrixindo erros ortográficos sinxelos. Quedará unha pequena parte do traballo para que sigan participando pola súa conta.
Participantes e contribucións
[editar a fonte]Profesores
[editar a fonte]Colaboradores da Galipedia
[editar a fonte]Alumnos
[editar a fonte]Usuario | Artigos amañados | Total amañados |
---|---|---|
Noainsua | ||
Ireneredondo | Canadá | 1 |
Luciasánchez | ||
Pabloestraviz | ||
Teocalvo | Nueno | 1 |
Diegosanchezreborido | ||
Parislabrada | Europa (lúa) | 1 |
darlynandujarminaya | Washington, D.C. | 1 |
Opon1 | ||
Ikerlage | ||
DilanBreijo | ||
Luismato | ||
Sergiograndio | ||
Martinmaciel | ||
Danielacastroaldao | ||
Isabellanoguera | Nivel medio do mar | 1 |
Raquellamas | ||
Pedrocabreracouceiro | ||
Jorgepereiraeiriz | ||
Elenamosquera | An Inconvenient Truth | 1 |
Gabrielaantiavazquez | ||
Jessikavarela | Hendrick Avercamp | 1 |
Total artigos amañados pola clase | 7 | |
Total artigos amañados por HombreDHojalata | Hugo Obermaier, Annapurna, Darkover, Pequena Idade de Xeo, Drumlin, Lista de raíces indoeuropeas |
6 |
Total artigos correctos | 13 |
Documentos e ligazóns de utilidade
[editar a fonte]Balance
[editar a fonte]Fíxose unha pequena presentación do que é a Galipedia. Logo presentouse un texto cun erro ortográfico, "Non me botes *xelo na Cocacola", e preguntouse ós nenos se había algún problema coa frase. Os nenos atoparon doadamente o erro e despois fíxose un pequeno obradoiro de edición, explicóuselle como buscar esta palabra na Galipedia para ver tódolos artigos que a contiñan, repartíronse os artigos da lista entre todos, e despois de comprobar que era necesario corrixilo, editaron as páxinas para amañalas. Nesta xornada amañaron algúns artigos co termo incorrecto *xelo.
Gustou a actividade e hai posibilidades de repetila con outros cursos do centro. Tamén hai posibilidades de facer outra actividade un pouco máis elaborada máis adiante.
Algúns problemas detectados:
- Revisar as edicións de cada neno no seu sitio leva bastante tempo.
- Como asignar cada artigo da lista que devolve o buscador a cada neno, para que non se produciran conflitos de edición. Desta vez a solución foi numerar ós nenos e que cada un collera o artigo do seu número da lista. Se o artigo non había que modificalo, asignábamos o seguinte número libre ó neno.
- Non había tantos erros para modificar como sería desexable. Isto provocou que bastantes nenos tiveran que buscar un novo artigo facendo que lles levara máis tempo a proba de edición. Noutras ocasións sería recomendable buscar un erro máis común para que os nenos non tiveran que buscar en varios artigos.
- Houbo artigos nos que só se corrixiu o erro unha soa vez cando estaba varias veces no texto. Para a próxima vez hai que avisarlles de que despois de amañar un erro teñen que revisar se aparece máis veces no artigo.
- Noutros casos o erro estaba nunha ligazón e amañouse o texto que se visualiza no artigo pero non o texto da ligazón. Ó usar o Editor Visual e non ter experiencia con el, este caso non se deu detectado, hai que revisar mellor as edicións no obradoiro para que non se produzan estes problemas.
- Non é doado atopar erros ortográficos que teñan un pequeno compoñente didáctico para o seu nivel e que teñan un número abondo de artigos con erros para que poidan modificalos todos os rapaces da clase.