Wikipedia:Romper a edición
Esta non é unha política ou norma oficial da Galipedia. Trátase dunha proposta que se debateu e/ou foi votada pero non resultou aprobada como tal. Por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nesta proposta. |
Esta páxina en resumo: Os editores que andan a romper as edicións deben ser bloqueados polos administradores, ou expulsados polo consenso dos wikipedistas |
Co descritor de romper a edición faise referencia a unha serie de procedementos que, sen ser illadamente constitutivos de violación das regras da Galipedia, tomados no seu conxunto deixan ver un comportamento reprobable.
A Wikipedia débelle boa parte do seu éxito ao seu carácter aberto. Porén, este carácter aberto atrae a xente que desexa aproveitar o proxecto como altofalante das súas pescudas ou puntos de vista persoais ou ideolóxicos. Certo é que as opinións minoritarias son ben recibidas cando se poden probar con referencias fiables, e que calquera editor pode cometer erros, pero ás veces un mesmo wikipedista edita e edita o mesmo artigo achegando datos erróneos ou non referenciables de forma fiable con ese propósito de ofrecer a súa visión da realidade.
Cando falamos de romper a edición estamos falando dunha práctica reiterada de edición, que consiste en engadir pequenos datos erróneos ou non referenciados, en facer reversións continuas, e en xeral, en realizar modificacións que van contra o espírito de neutralidade da Galipedia e que molestan o proceso de edición normal.
En concreto... cando alguén está rompendo a edición?
[editar a fonte]Estase a romper a edición cando:
- A edición é tendenciosa: séguese a editar un artigo ou grupo de artigos á procura dun determinado obxectivo ou como exposición dun determinado punto de vista, en contra da oposición dun ou de máis editores.
- Non se pode verificar: non cita fontes, cando as cita son fontes non válidas, nega fontes fiables ou emprega investigacións propias.
- Non respecta os comentarios alleos: non acepta a moderación nin a transacción, e continúa editando á procura de obxectivos persoais malia a oposición do consenso de editores e/ou administradores imparciais.
- Mira por cansar os editores produtivos: actúa contra as normas da Wikipedia a baixa escala, manexa monicreques e facundos, fai ataques persoais, etc., dunha forma que non pode ser considerada determinante de bloqueo en por si, pero que ao longo ten por obxectivo cansar os editores produtivos que respectan as normas.
Hai que ter presente que, cando estes malos procedementos se fan poucas veces e en artigos illados, é difícil argumentar e obter un patrón de conduta.
Por que é unha práctica negativa?
[editar a fonte]Romper a edición aquí e acolá dana a Wikipedia porque rebaixa a súa fiabilidade como fonte de referencia e sobre todo porque lles acaba coa paciencia a editores produtivos que acaban por abandonar o proxecto cando ven que un editor destas características segue nas súas con total liberdade.
Actuación
[editar a fonte]Cando os temas foron debatidos e consensuados e, malia todo, un wikipedista segue a romper a edición, débese solicitar o bloqueo no taboleiro dos administradores. En casos extremos deberíase contemplar a exclusión da web.
A regra das tres reversións non debe usarse para defenderse da acusación de "romper a edición". Que haxa unha regra que impida reverter os trocos tres veces non quere dicir que facelo menos veces ao día sexa sempre aceptable. En determinados casos o bloqueo debería producirse aínda cando non se chegue a esas tres reversións por día, ou cando as edicións se fagan en artigos relacionados e co mesmo propósito.
Diferenzas entre romper a edición e facer unha edición produtiva
[editar a fonte]Esta clase de wikipedistas que rompen a edición poden dicir que actúan produtivamente. Pero un editor produtivo, que está a ofrecer un punto de vista minoritario sobre unha cuestión, emprega fontes referenciables e fiables, particularmente nos casos en que se pode producir polémica. Un editor produtivo non se basea en investigacións propias, e cando recolle pescudas pioneiras sobre un tema, mira que as referencias sexan revistas e medios de difusión particularmente prestixiosos.
Ás veces, algúns editores produtivos poden trabucarse e facerlle caso a publicacións marxinais, ou simplemente errar sen querer ao facer unha cita. Pero aínda que razoablemente defendan esas posicións durante un tempo, axiña se decatarán do seu erro cando vexan probas mellores e consellos imparciais.
Para protexer os editores de acusacións frívolas, non se debe bloquear un destes editores ata que exista un certo consenso ao redor das súas prácticas. Loxicamente, os editores en corentena ou con outro tipo de restricións tamén deben ser bloqueados se rompen a edición.
Tanguendo os que rompen a edición
[editar a fonte]O que segue é unha recomendación, unha pauta de solución dos problemas:
1. Primeira entrada non enciclopédica
- Asume a boa fe. Non ataques o autor que cres que está editando incorrectamente. Revirte o material que non estea referenciado. Usa o sumario de edición para describir o problema e tenta usar unhas frases non provocadoras. Edita a páxina de conversa á procura de debate e/ou de fontes.
2. Se o editor che reverte
- Revirte de novo, e emprega sempre o sumario de edición. Avisa o autor de que cres que está rompendo a edición, e convida algúns editores relevantes a debateren.
3. Se o problema segue
- Tenta dialogar co autor. Explícalle as normas e as regras cando proceda.
4. O autor segue ignorando o consenso
- Avisa os administradores. Débese ser advertido ou bloqueado temporalmente
5. O bloqueo non amaña o problema
- Debe ser excluído o seu autor, ou sometido a corentena.
Wikiamor
[editar a fonte]É importante ter paciencia e ser o máis amable que se poida. As reversións deben combinarse con esforzos sinceros para conseguir que o autor regrese ao traballo produtivo. Os editores deben bloquearse só cando se amosan irredentos e teimudos e non poden traballar harmonicamente cos demais para beneficio do proxecto.