Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Atribuír ou retirar dereitos/Arquivo 2
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.
Renuncia como administrador
[editar a fonte]Comunícovos a todos que quero deixa-las miñas responsabilidades na Galipedia como Administrador. Non me sinto cómodo á hora de xulgar se as edicións son ou non vangloria, copyvios ou, simplemente, contidos irrelevantes. Non quero dedicar tanto tempo a vixia-las últimas edicións na busca de posibles vandalismos nin me apetece ter que chama-la atención a ninguén. Non me considero quen para valorar se unha información é enciclopédica ou non, e vexo que ultimamente estou actuando demasiadas veces por impulsos e sen a reflexión debida. Iso é malo para a Galipedia e para min. Lamento se algunha vez algún colaborador se sentiu molesto polo que dixen ou fixen, ou ben polo que calei ou non fixen, pero feito está e non se pode borrar. Salvo pedir perdón ós que puiden ofender. E que conste na acta que non me retiro por discrepancias con ninguén: houbo, naturalmente, discrepancias e diferenza de criterios, cousa que non só é normal senón que, no fondo, é moi sana para mellorar, e nunca chegou o sangue ó río. Polo menos hai xa moito tempo que deixaron de ser graves.
Aínda así, o caso é que sigo crendo que a Galipedia é necesaria e conveniente, que resulta moi entretida e instrutiva e que algo bo podo seguir facendo. Por iso quero seguir colaborando pero prefiro facelo como usuario de a pé, escribindo cousas, completando e corrixindo artigos, subindo imaxes, etc., todo ó meu aire e coa tranquilidade mental e moral que dá estar na infantería. Intentarei, polo menos durante un bo cacho, non entrar en discusións con ninguén e traballar sen a presión que dá o cargo.
Moitas grazas a todos... todas polo moito que aprendín con vós e e polo trato recibido. Un saúdo afectuoso. Pedro --Lameiro (conversa) 20:52, 7 decembro 2009 (UTC)
- É unha magoante noticia. Tentaremos cubrir o teu baleiro como poidamos. Non te perdemos de vista. Grazas, grazas por todo, Lameiro. --Xabier Cid Conversa 19:55, 8 decembro 2009 (UTC)
- Reitero o dito por Xabier, moitas grazas. Desexo que che vaia ben a partir de agora. Merécelo. --Toliño Fala aquí comigo 17:36, 9 decembro 2009 (UTC)
- Moitísimas grazas polo enorme traballo que levas feito. O traballo de administración, que implica moitas tarefas ingratas, consome moitos esforzos e desgasta considerablemente. Son comprensibles as razóns que expós, maila as túas dúbidas non hai nada que reprochar no teu traballo, mesmo era imprescindible que se fixera como o viñas facendo. Sendo unha decisión firme, para non entrar en argumentos repetidos limitareime a dicir que a túa renuncia é unha perda moi grande, así e todo todos os teus esfrozos na administración e na edición contribuíron e contribúen a que este proxecto sexa útil e valioso. Todos quixeramos facer máis, os artigos que creaches, as imaxes que cargaches, o tempo que adicaches a administración permitiron que a Galipedia dera un paso importantísimo no seu crecemento. Estou certo de que como colaborador sen permisos de administración a túa contribución seguirá sendo de primeiro nivel, non se entende a Galipedia sen editores coma ti e coma outros moitos que foron deixando a súa pegada neste proxecto. Moitas grazas Lameiro. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:59, 15 decembro 2009 (UTC)