Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Bots/Arquivo 2
Aparencia
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Bots
Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Bots que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.
Solicitude de borrado de Usuario:Lancebot
[editar a fonte]Solicito o borrado da conta Lancebot, proposta de bot presentada por min e que foi rexeitado pola comunidade. Grazas e desculpas. Lansbricae (Ti dirás) 22:50, 16 abril 2008 (UTC)
- Non sei o que quere dicir borrado da conta. Eu non teño competencias para borrar un usuario xunto con tódalas súas edicións. Eu non podo alterar os historiais, non teño nin esa competencia, nin esa capacidade, nin a ferramenta que me permita facelo. Si podo borrar unha páxina de usuario ou de conversa, sempre e cando o usuario que acreou a ppropoña para borrar engadindo nas mesmas a etiqueta {{Lixoporque|motivo}}. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:02, 23 abril 2008 (UTC)
- Poñerei o de lixo porque se ese é o asunto, pero o que trataba de pedir é que a comunidade se responsabilice dun proxecto de bot rexeitado como é este caso. Supoño que se non é posible o borrado do usuario, a alternativa é que éste sexa bloqueado para sempre poñéndose as causas na páxina de usuario e conversa. Se a comunidade rexeitou a proposta, que eu manteña a conta de Lancebot non sei se entraría nun caso de monicreques ou similar, pero sei que é contrario ao que decidiu a comunidade, polo que quero deixar de ser responsable desa conta. Gracias. Lansbricae (Ti dirás) 11:29, 26 abril 2008 (UTC)
- Creo entender que me pides que eu exprese causas para o bloqueo da conta que non son as miñas causas. A única causa que eu podo ter é que ti solicites o bloqueo por mor das causas que parece que queres que eu expoña, e eu non vou entrar nese xogo pois posiblemente nunca estariamos de acordo nas causas que provocan que pidas o bloqueo ou no xeito de expresalas, e sexa como sexa, ó final, a min iso non me compete.
- En conclusión, as causas son túas para solicitar o bloqueo e podes expoñelas para solicitalo. As miñas causas para bloquear esa conta radicarán fundamentalmente na túa petición, pois abonda con que cree unha ligazón á mesma no resumo do bloqueo para que estea xustificado.
- Dado que non sei se expuxeches debidamente as causas, dado que non sei se queres expoñelas maiormente pois solicitas que outros as expoñan, espero a que consideres se tes que expoñelas ou non e a que reiteres que desexas que se bloquee esa conta.
- Sexa como sexa, persolamente considero pouco relevante bloquear esa conta. Iso si, que o solicites indica que tes boas intencións e ningunha gana de vandalizar. --Lmbuga Commons - Galipedia 21:49, 22 maio 2008 (UTC)
Boas. As votacións para dar estatus de Bot a estes dous usuarios remataron, ámbolos dous foron aprobados. Algún burócrata que lles outorgue o estatus? Moitas grazas :) --☣Banjo tell me 17:38, 21 xullo 2008 (UTC)