Wikipedia:Votacións/Cambiar a hora predeterminada da Galipedia
Ferramentas
Accións
Xeral
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Cambiar a hora predeterminada da Galipedia de UTC a CET
Período de votación: 15 de abril do 2013 - 15 de maio do 2013
SI: 2 — NON: 9 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: Rexeitado |
Actualmente a hora predeterminada da Galipedia é a UTC. A hora predeterminada é a que se usa para as firmas que se poñen nas conversas, e para a hora das páxinas especiais como o historial, as contribucións, etc.
Noutras Wikipedias como a francesa e neerlandesa teñen de hora predeterminada o horario CET. O horario CET é a hora que ten Galicia, o resto de España peninsular e Europa Central, é dicir, UTC+1 no inverno e UTC+2 no horario de verán. Na Galipedia todos os ou case todos usuarios vivimos en Galicia.
Así que propoño cambiar a hora predeterminada da Galipedia a CET.
- A favor
- Concordo. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 15 de abril de 2013 ás 06:37 (UTC)[responder]
- Concordo. Por que non? Non se esgrimiron razóns de peso nos numerosos votos en contra. De feito, tan só un argumentou o seu voto. E Vivaelcelta, equivocado ou non, polo menos si ofreceu razóns. --Paradanta (Cóntame) 18 de abril de 2013 ás 16:15 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo--. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2013 ás 07:49 (UTC)[responder]
- Discordo. --Xas (conversa) 15 de abril de 2013 ás 11:47 (UTC)[responder]
- Discordo--Xosema (conversa) 15 de abril de 2013 ás 14:33 (UTC)[responder]
- Discordo, a hora de Galiza é a mesma que en Portugal, Irlanda ou o Reino Unido, que se estandarice co resto do horario da España peninsular non quere dicir que estea ben, e non falo máis porque o tema da hora me queima moito. Piquito (conversa) 15 de abril de 2013 ás 15:16 (UTC)[responder]
- Discordo. --JaviP96 15 de abril de 2013 ás 15:51 (UTC)[responder]
- Discordo -- JonnyJonny (conversa) 15 de abril de 2013 ás 16:25 (UTC)[responder]
- Discordo -- Adorian (fálame) 16 de abril de 2013 ás 16:35 (UTC)[responder]
- Discordo --AMPC98 (Conversa) 16 de abril de 2013 ás 16:59 (UTC)[responder]
- Discordo Concordo co comentado por Xosema. --Xabier Cid Talk 2 me, please 10 de maio de 2013 ás 19:59 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro. Non son quen de votar nin a favor nin en conta, xa que non se achegaron razóns que me fixesen decantar por un ou outro lado. --Toliño Fala aquí comigo 17 de abril de 2013 ás 13:43 (UTC)[responder]
Comentarios
[editar a fonte]- Comentario Non argumentei o meu voto no momento de votar, así que aquí vai a razón de por qué o fixen así: UTC é unha referencia universal de tempo, usada por defecto ata donde vexo polas wikipedias principais, por Commons... sinxelamente é práctico a nivel organizativo si se traballa en varios proxectos, por exemplo, e si queremos ter unha galipedia con vocación universal. Non aporta ningunha ventaxa que a hora por defecto sexa a hora local e nas firmas indícase claramente que a hora estampada é UTC. Ademais, en Preferencias, na sección de Trebellos, pódese facer que apareza un reloxo coa hora local (ademáis de un UTC, si se quere) se un teme confundirse coa hora. Un saúdo. -Xosema (conversa) 18 de abril de 2013 ás 18:18 (UTC)[responder]