Wikipedia:Votacións/Como resolver disputas
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Como resolver disputas
Período de votación: 19 de outubro 2007 - 3 de novembro de 2007
SI: 2 — NON: 3 — NEUTRO: {{{neutro}}} — CONCLUSIÓN: rexeitado |
É moi fácil entrar nunha disputa online, en especial na Wiki, onde ao editar vostede, de maneira efectiva, pode modificar ou borrar as palabras doutros usuarios. As disputas online poden ser máis amargas, porque é fácil esquecer que tralo texto hai unha persoa que o edita, que probabelmente está eiquí polas mesmas razóns que vostede.
Non se esqueza que as persoas en xeral soen ser protectoras das súas ideas e gustos, que son elementos que entran na escrita e nas decisións. Como resultado, os egos poden ser feridos facilmente nunha edición. Como vostede pode ter notado, a veces a resposta non sempre é unha queixa senón mais ben unha ansia de axustar contas. No mínimo, as páxinas de discusión dan a oportunidade de impedir que egos sexan machucados ou de entón de aplacar os que xa o estean. Por riba de todo son lugares para chegar a acordos, a consensos sobre como mellor escribir os artigos as que están ligadas.
Consellos
[editar a fonte]Evite
[editar a fonte]A mellor maneira de resolver unha disputa é, en principio, evitala.
- Sexa respetuoso cos demais e os seus puntos de vista. Isto significa principalmente: Non fique revertendo as mudanzas dunha disputa e entre nunha guerra de edicións.
- Cando alguén faga unha edición que vostede considera pretenciosa ou imprecisa, mellore esta edición, é mellor que revertela.
- Faga un bo resumo de edición cando faga mudanzas significativas que alguén poida discutir e coloque a razón da mesma na aba de discusión. Evite o uso de reversións repetitivas. Se vostede se atopa cunha conduta ruda ou inapropiada, resista a tentación de responder no mesmo nivel, e non faga ataques persoais.
- Escriba dacordo co "Libro de estilo" e siga o principio da imparcialidade. Tamén axudará se vostede escribe "defensivamente" e limita a parcialidade dos seus artigos.
- Para máis recomendacións, vexa o artigo: Normas de conduta.
Fale coas partes implicadas
[editar a fonte]- O primeiro recurso para resolver case todo o conflito é falar na páxina de discusión.
- Contacte coa outra parte na páxina de discusión do usuario ou use a páxina de discusión do artigo en cuestión.
- Nunca transporte unha disputa para a páxina do propio artigo ou as páxinas de discusión doutros artigos ou páxinas de discusión doutros usuarios.
- Cando discuta un artigo ou ítem do mesmo, mantéñase calmo e non faga ataques persoais.
- Considere a perspectiva da outra persoa e tente chegar a un acordo ou compromiso.
- Sempre presuma que a outra persoa está actuando de boa fe a menos, que haxan claras evidencias do contrario.
Durante este estado e en outros estados mais avanzados do proceso, conversar coas outras partes non é simplemente unha formalidade para que logo a seguir se desvíe para outro fórum. Evitar unha discusión é un boa xustificación para demostrar que vostede esta tentando aumentar a disputa en vez de resolvela. Isto o tornará menos simpático para as demais persoas e pode efectivamente ser usado máis tarde noutras resolucións ou disputas. Por outro lado, manter unha discusión sustentada nunha negociación seria entre as partes, mesmo que sen resultados inmediatos, mostra que vostede está interesado en achar a solución dentro das políticas da Wikipedia.
Distánciese por un tempo
[editar a fonte]- Unha solución sinxela para unha disputa é simplemente parar — deixando o artigo e/ou introducindo outro editor. Isto é especialmente útil cando se discute con novatos porque débeselles dar un tempo para que se familiaricen coa política e cultura da Wikipedia.
- Centre os seus esforzos noutro artigo onde poida facer contribucións significativas.
- Evite voltar á páxina en disputa.
- Responda ás cuestión na súa páxina de usuario e inste ao demandante a deixar as súas contribucións na páxina de discusión do artigo para tentar ter toda a discusión nun mesmo lugar.
- Adopte unha visión a longo prazo. Pasado un tempo, vostede poderá probabelmente retornar á edición do artigo, cando os problemas previamente existentes xa non acontezan e o editor con quen vostede tivo a disputa tamén se teña xa distanciado. En canto isto non aconteza, o artigo en disputa irá evolucionando e outros editores poderán interesarse no artigo, traendo consigo diferentes perspectivas que poderán ser útiles se o asunto da disputa volta a renacer.
Tipos de conflictos
[editar a fonte]- Diferenzas sobre contidos enciclopédicos entre dous usuarios.
- Diferenzas coas accións dun usuario.
- Diferenzas que afectan a máis de dous usuarios. (este tipo de conflitos non poden ser obxecto de mediación dun terceiro nin de arbitraxe).
- Diferenzas coas accións dun administrador no uso do seu cargo. (este tipo de conflitos non poden ser obxecto de mediación dun terceiro nin de arbitraxe).
Procesos de resolución de disputas
[editar a fonte]Se as tentativas de diálogo coa outra parte fallasen, debe vostede tentar un dos tres métodos indicados a continuación para resolver a disputa. Cal deles escolla dependerá da natureza da disputa, e o tipo das persoas envoltas.
- A finalidade destes sistemas é a de servir como alternativas entre as que as persoas en conflito poidan escoller para tentar un achegamento de posicionamentos o máis construtivo posíbel.
- Para poder optar por estes sistemas vostede debe manter a Tregua sobre a causa de conflito.
- Lembre que entre as funcións dos administradores, non están a obriga de dirimir ou mediar en cuestións de contidos ao non se tratar de funcións técnicas propias do seu status,
Pense en que os conflitos que poidan xurdir na comunidade deben ser solucionados pola propia comunidade.
Mediación dun terceiro e Arbitraxe
[editar a fonte]Mediación
[editar a fonte]A Wikipedia traballa principalmente mediante a adopción de consensos. Para obter un consenso sobre un determinado asunto en disputa, vostede pode precisar expoñerllo a unha maior audiencia. Unha boa opción é solicitar unha mediación.
- Esta alternativa é voluntaria, e dicir, as tres partes teñen o dereito a aceptala ou non, o mediador o encargo e as partes en conflito a posible decisión. Está opción aberta a:
- Ás disputas que envolvan a só dous editores.
- Debe tratarse de disputas sobre o contido dun artigo ou edición.
- Chegados a este punto se non existiu acordo entre as partes faise necesario o establecemento dunha tregua: faga iso agora. Deste xeito permite que outros examinen a cuestión de forma xusta sen a confusión das edicións no artigo por parte das partes en disputa, que só agravan máis a disputa.
- Se unha guerra de edicións persiste e a tregua non é respectada, solicite a protección da paxina a un administrador no Taboleiro dos administradores para permitir que o proceso teña seguemento.
- Se nunha mediación as partes en conflito deciden aceptar a decisión do terceiro previamente a esa decisión, a mediación convértese en arbitraxe.
Arbitraxe
[editar a fonte]Neste proceso cada unha das partes aceptan voluntariamente, desde que o elixen que un terceiro tome unha decisión sobre o tema en conflito que será aceptada obrigatoriamente por ambas.
- Pode ocorrer que, cando unha das partes solicite a mediación dun terceiro, a outra parte acepte a ese mediador converténdose deste xeito nun procedemento de arbitraxe.
- O árbitro elexido polas partes debe decidir se acepta o encargo ou non.
- Esta opción está aberta as mesmas discusións que poden ser obxecto de mediación.
Sistema de resolución de conflitos regrado
[editar a fonte]O sistema de resolución de conflitos regrado pretende ser o derradeiro mecanismo de peche de discusións.
- Un órgano colexiado "A mesa de solución de conflitos", composta por un número impar de usuarios, analizará o suposto concreto e terá a obriga de resolver en todo caso, nun período máximo de 1 mes, e a resolución debe ser razoada (cunha explicación da causa).
- A decisión deste órgano é de obrigado cumprimento para todas as partes e será publicada na páxina de discusión do artigo, e nas de discusión das partes e arquivada nunha páxina creada para tal fin.
- Os membros deste órgano serán elexidos entre os usuarios rexistrados, e a aceptación da función é voluntaria. (Poderá establecerse a tal efecto unha listaxe onde poidan inscribirse aquelas persoas que acepten realizar dita función).
- As partes en conflito poderán solicitar a recusación dalgún membro do órgano con causa xustificada e razoada. Do mesmo xeito un membro do órgano poderá absterse dunha causa concreta, antes do inicio da súa resolución, alegando unha causa xustificada.
- Supostos nos que se pode requerir este sistema de resolución:
- Se as cousas se mantiveran realmente confusas e as vías anteriores non serviran para solucionar o conflito.
- Cando a discusión afecte a máis de dous usuarios.
- Cando unha das partes en conflito sexa un administrador ou burócrata. Preténdese con elo protexer a figura do administrador fronte a posibles ataques persoais cara a súa persoa.
Votación
[editar a fonte]- Concordo Lansbricae (Ti dirás) 18:51, 19 outubro 2007 (UTC)
- Discordo Xa o tiña expresado na páxina de discusión hai tempo. O punto 3 enteiro paréceme nefasto. Os arbitraxes e os Comités de Sabios aquí non deberían ter cabida. Sería a primeira parcela con poder que se crearía na wiki, o que vai contra o espírito da Galipedia, polo menos da que eu teño en mente. AlberteSi, digame? 12:19, 21 outubro 2007 (UTC)
- Neutro Realmente discordo, e coincido coa visión de Alberte, pero como parece que as demais wikipedias se teñen dotado de mecanismos practicamente idénticos, supoño que lles debeu de facer falta e o fixeron tras profunda meditación, ou sexa que aqui podemos chegar a necesitar algo deste tipo. Realmente, esta intervención miña é para deixar constancia de que eu me negarei sempre a mediar ou a arbitrar polo simple feito de que cando dous discuten o que leva é o do medio. --Xosé (✉) 12:32, 21 outubro 2007 (UTC)
- Comentario. Nunha votación dado o nosos sitema electoral un voto non pode ser neutro xa que como se require unha maioría determinada sobre o total dos votantes efectivos un voto neutro conta como negativo. Un voto neutro sería non participar. Outra cousa sería a cabida nunha votación de termos compartidos como Comité de Sabios termo bastante despectivo, e agravado se temos en conta que provén de Delfíns elexidos a dedo sen ningún outro tipo de refrendo e que se esquecen que se está a falar de editores, usuarios ou como se lles queira chamar, xa que ese comité estaría conformado por enciclopedistas das silveiras, usuarios comúns e outras xentes do vulgo. O mesmo administrador que fai o comentario de Comités de Sabios retira un marcador de aviso posto por min en Gerardo Conde Roa despois de facer un amago de correción sen xustificación algunha. O caso seguía e o administrador que se posicionou como xuíz todopoderoso abandonouno. E dicir desfai o marcado por min e decide pola súa conta. NON É O TIPO DE GALIPEDIA QUE EU QUERO. Quen pon un marcador se está activo é quen o quita. Cómo fago para resolver ese conflicto que un administrador converteu en conflito de edicións? Debemos recordar que un administrador non decide sobre os contidos máis que calquer outro usuario. A opinión dun administrador non ten máis valor que a de calquer outro usuario. Os conflictos xurden en calquer tipo de sociedade e deben ser resoltos polas mesmas. Na actualidade non se resolven evítanse e permanecen como larvas e xeran divisón que non se sabe a que veñen a conto. PREVERT xa non está para funcionar como válvula de escape. Durante moito tempo foi o administrador que asumiu enfrontarse aos conflictos máis complicados e non recibiu apoio ningún. Unha persoa soa era a que tiña que decidir sobre esas discusións caendo sobre el toda a carga. Quén vai ser agora? ¿A quen lle toca? Lansbricae (Ti dirás) 13:21, 21 outubro 2007 (UTC)
- Discordo Non entendo o obxectivo deste proxecto. Resumiríase en "sexa boa persoa, confíe nos demais, sexa educado, respecte as opinións alleas e converse". É dicir: unha serie de consellos de boa educación que son inútiles. A boa educación e o respecto ós demais é algo que se ten ou non, e non hai páxina de políticas que o poida regular. As discusións que aquí houbo non se terían evitado non resolvido se esta política estivese en vixencia. O caso de Conde Roa tampouco. En resumo: esta política é un vano intento de regulamentar algo intrinsecamente irregulamentable (perdoade o palabro). Pedro --Lameiro (conversa) 15:09, 21 outubro 2007 (UTC)
- Comentario. Entendo entón que consideras que as discusións dependen das persoas que son parte nela e delas debe sair unha solución ou non solución. Para o resto dos supostos tamén dependenrían da xente. Neste caso inda que eu non estiven involucrado en todos os asuntos senón que varios deles chegaron ata min son o único que acepta en todos eles varios puntos coincidintes, non os implicados senón aquel que tenta solucionar unha situación perxudicial para a Galipedia. Son as persoas as que fallan logo, os editores que non bailan ao mesmo son que os demais os que sobran, deste xeito sería a única opción de que non volvesen a suceder os desarranxos que ainda seguen que os que sobran marchen. Rousseau establecía que todos os homes son bos por natureza, que é a propiedade a que os levou a unha situación na que se facía necesario un sistema para regular as súas relacións cando escapaban do "sentido común". Pola súa parte Hobbes no seu Leviatán defendía a necesidade da existencia dun poder absoluto que dominase a natureza perversa do home: O home é malo para o home. Entre esas dúas tendencias houbo moitos autores que desenvolveron teorías dentro da Teoría do Estado e o funcionamento do home en sociedade. Bodin pola súa parte en plenas Guerras de Relixión estableceu a importancia da TOLERANCIA como concepto esencial para o home en sociedade. E poderiamos seguir e seguir e seguir. Os calificativos verquidos nestos votos, o posicionamento claramente inmovilista de que non pasa nada ou se pasa pasa e que se lle vai facer, e definitivamente o pensamento que hai trás moitas actuacións de varios usuarios no que todo o provinte de determinados usuarios é valorado con prexuizos (diferenciese de perxuizos) negativos. Chegouse a pedir que Por favor non maten ao pianista.
En definitiva, según o visto nestas opinións é que hai os bos e os malos. Cando os malos entran nunha disputa non lle hai que facer, non entenden o sistema e polo tanto son perxudiciais ao mesmo e o propio sistema aos poucos debe ser capaz de expulsalos co menor dano posible. Pois este malo vaise tomar unhas vacacións despois de votar nas votacións abertas ou pendentes de abrir nun novo semisistema que por tentar chegar a consenso é aceptable. Nunha cidade de Mesopotamia, non recordo cal, atopouse unha inscrición nos cimentos dun palacio revestido de riquezas na que se leía algo similar a esto: "Se miras ao teu redor verás que o home é estupido". Lansbricae (Ti dirás) 15:55, 21 outubro 2007 (UTC)
- Discordo A intención é boa, pero non considero lóxico regular o comportamento dos colaboradores. Doulle a razón a Lameiro cando afirma que o que se debería aplicar é máis sentidiño. Quero declarar ademais que me parece esaxerado que vostede, que propón a votación:
- .- responda de mal ton ós votos que van contra a súa orientación, facéndoo de modo personalizado con argumentos ad hominem;
- .- se considere a si mesmo coma un "malo", cando o que se vota non é precisamente clasificalo;
- .- tome o seu resultado como unha afrenta persoal (polo menos iso parece, polo ton que usa), moito máis aínda cando o tema que se discute é precisamente é como mediar conflitos. Non dubido de que lle levase o seu traballo pensar e redactar a proposta, e por iso felicítolle: dáme ademais bastante rabia, por que é evidente que o meditou. Pero se vostede pensa que iso lle dá dereito a perder os modais cos demais, está trabucado. E máis aínda se cre que alterándose é máis convincente. Aquí todos traballamos, vostede coma todos, pero non quero pensar que cre que a súa antigüidade, volume de edicións ou forza cando preme as teclas do computador lle fan imaxinar que lle pode perder o respecto a calquera outro ser humano, por vil que este sexa;
PD: aínda non dou captado o que significa *prexuízos (pero, se mo vai explicar, fágao na miña páxina de discusión, por que aquí non é o tema da discusión). -- Sobreira (parlez) 20:32, 21 outubro 2007 (UTC)
- Comentario Aqui hai algo que non vai ben: ¿como é posible que se monte esta na proposta de resolver conflitos?. Non entendo a actitude que estades a ter alguns co que fixo a proposta (o de tratalo de vostede xa é moito). ¿de verdade que non vedes a boa fe da proposta, a valía? ¿todo é tan negativo? ¿porque moitas outras wikis teñen unha proposta similar se tan mala é? Dame a impresion (mais que impresion) de que xa non se xulgan as propostas senon que se apoian/critican segundo amistades e enemistades. Unha pena, vaia. --- Maañón (o que ho?) 20:50, 21 outubro 2007 (UTC)
- Concordo Non queria dar o meu voto pois tiña medo a polarizar posturas, pero agora xa dá igual, asi que voto en conciencia.---- Maañón (o que ho?) 20:53, 21 outubro 2007 (UTC)
- Pa Flipar e de vostede me trata. E dime que non fale aquí cando vostede o fai falando da miña actuación e non do contido. Só lle pido que responda qué é o que cre vostede que pasou que fixo que marchase Prevert e outros?. non me vou a dirixir a súa páxina do mesmo xeito que vostede non se dirixiu a min e a Alma polo tema dos nomes científicos. Senón se entende a necesidade dun sistema de resolución de conflictos que se me explique como se resolveron o caso Maañón, o caso Moderador, o caso 1 de Xaneiro, o caso do Vello Pancho e máis ... O meu ton ben determinado en que esto estaba como proposta de CONSENSO desde xa fai tempo e ninguén quixo opinar nin aportar só buscar intencións ocultas contra o sistema, e por iso me vin obrigado a propoñelo a votación e agora seica que todo e cuestión de sentidiño, Claro e o dos 5 Piares tamén pero haí está. Tamén é de sentidiño común que Alma é Alma e eu Lansbricae, cousa que obviou un administrador no seu momento. O de PREXUIZO e PERXUIZO dubido moito que non sepa as diferencias xa que vostedes os lingüistas adoitan traballar cos chamados "lugares comúns", traballan sempre dando certas premisas como válidas a priori. Tal actuación é un prexuizo que non ten porque ter unha connotación negativa xa que é necesario. Si o prexuizo se basea. Outra cousa máis se vostede fala de falta de educación rógolle que se limite a ver as páxinas de discusións deste último mes, e recorde que Albert Galiza pedíulles a todos os administradores que non me bloqueasen fixese o que fixese. Polos seus ánimos me atrevin a presentar unha votación dunha proposta de consenso na que ninguén participaba. A MIÑA ÚNICA FINALIDADE ERA QUE NINGUÉN SE VOLVESE A SENTIR OBRIGADO A INTERMEDIAR EN DISCUSIÓNS DIFÍCILES (COMO LLE OCORREU A PREVERT EN VARIAS OCASIÓNS), que a comunidade asumise a responsabilidade. Semella que o fago por foder polo que retiro a proposta de votado para non ferir máis susceptibilidades, e que o que queira facer o que facía Prevert que o colla. E se ninguén o colle pois cojonudo tamén. Sen máis atentamente. Sexa empático con todos e lea os comentarios de todos. Son eu o único que pode ser calificado de despectivo?. Vostede verá. O caso é que ninguén criticou o contido polo miudo só se criticou a intención e necesidade ou non da medida. Tamén se tentou esto con normas emanadas dos 5 Piares que dependendo de quen os propuxera eran opción de debate ou non. Paso
VOTACIÓN PECHADA A INSTANCIA DE QUEN A PROMOVEU. NINGUNHA NORMA MO IMPIDE. Lansbricae (Ti dirás) 20:54, 21 outubro 2007 (UTC)