Wikipedia:Votacións/Consellos para a tradución
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Consellos para a tradución
Período de votación: 5/12/2007 - 20/12/2007
SI: 5 — NON: 9 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: rexeitado |
Traducións doutras wikis: SI/NON, en que casos? Que consideracions seguir?
Propósito
[editar a fonte]Esta proposta tenta aportar consellos sobre o uso das traducións doutras wikis. O propósito básico non é tanto de facer xuízos sobre a valía das traducións senón aportar certas guías a unha actividade que é un feito en todas as wikipedias, que ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes, e que non se debe obviar como feito existente.
Trata de responder a preguntas como contribúen tales traducións positivamente á Galipedia?, cando si e cando non?, que debería ter en conta se fago unha tradución?
Consideracións a ter en conta ao traducir
[editar a fonte]Consideracións xerais
[editar a fonte]- Traducir doutras wikis é unha actividade polo xeral moi beneficiosa para a Galipedia, pois somos poucos como para que isto medre dabondo se se "comeza de cero" cada artigo. Médrase máis, tanto en cantidade como en calidade, se se parte "dos ombreiros" dos anteriores escritores, non desde cero.[1]
- Traballar nunha tradución, en troques de comezar desde cero, é talvez menos "egocentrista", pois recoñece tanto a validez do traballo xa feito polos demais como o valor do traballo en equipo (todas as aportacións son válidas, as pasadas e as futuras).
- Ademais, en xeral, os artigos que non son traducións son ou ben mesturas/"resumos" de varias páxinas web ou de libros, ou senón a exposición do que alguén ten nos miolos (o cal, a non ser un erudito na materia, non sempre é a informacion máis completa, obxectiva e veraz).
- Por contra, o caso estremo de rexeitar radicalmente as traducións indicaría tal vez certo chauvinismo (no sentido de certa desconsideración da valía do traballo xa feito fronte á valía da nosa aportación "desde cero").
Consideracións éticas
[editar a fonte]- Xamais se debe traducir dun artigo do que non esteas seguro que non ten copyright.
- Debes indicar sempre a referencia da wiki ou da páxina sen copyright da que fixeches a tradución, para que un terceiro poida contrastar a tradución. Se traduces doutra wiki, debes indicalo. Esta referencia é obrigatoria xa que senón estarías a vulnerar a Licenza GFDL baixo a que se publica todo o contido wiki, e que obriga a atribuír a orixe da tradución. Podes facelo preferiblemente na caixa de resumo cando se garde por primeira vez o artigo de tal xeito:
traducido dende [[es:Nome do artigo orixinal]], se é da wiki española, ou [[pt:Nome do artigo..]] se é da portuguesa, en, para a inglesa...
- Debes intentar traducir o artigo enteiro, non crear artigos que sexan só pequenos anacos do orixinal e preferiblemente, en xeral, non crees esbozos.
- Se detectas un erro no que estás a traducir, deberías, a poder ser, corrixir ese erro tanto na tradución coma no artigo orixinal.
Consideracións prácticas
[editar a fonte]- Ollo!, o que sae dun tradutor automático precisa unha revision antes de publicalo. Non considere endexamais o traballo concluído só coa tradución en bruto que sae dun tradutor automático.
- Traducións desde o castelán: Se quere ser produtivo pode comezar o traballo co tradutor automático e adicar o resto do tempo á actividade máis creativa de corrixir a tradución automática resultante, e ademais corrixir e/ou completar o artigo con información doutras fontes. Ollo coas traducións automáticas do castelán: conteñen case sempre uns xiros lingüísticos idénticos aos casteláns que, aínda que en moitos casos son válidos, reflicten só uns casos particulares de expresións/xiros/vocabulario. Se todo se fixese con este tradutor, a riqueza lingüística da Galipedia sería moi baixa, un galego descafeinado. Se utilizas ese tradutor, trata de cambiar algúns xiros/expresións... leva máis tempo pero paga a pena. Conseguiríase tal vez o efecto positivo oposto se se tivese un tradutor automático portugués->galego, pero non existe aínda.
- Confirme as fontes. Sempre que se faga unha tradución é moi importante confirmar as referencias, ampliar a bibliografía e contrastar as fontes. Deste xeito posibles erros de artigos doutras wikis non van ser propagados aos demais proxectos.
- Escolla do artigo a traducir:
- Evitar os artigos con problemas: Consulte na páxina de conversa do artigo. Nunca parta dun artigo que teña postas en cuestión na páxina conversa as afirmacións expostas no artigo. Tampouco parta dun artigo que estea catalogado como "non neutral", "non fiable", etc.
- Artigos destacados: Aqueles artigos que foron destacados noutras wikis fórono por algunha causa. Paga a pena averiguar o motivo e que sexan preferentes no momento da escolla para a tradución.
- Artigos máis solicitados: Pode ser boa idea traducir aqueles artigos moi demandados, isto é, aqueles artigos non creados na Galipedia (ou só esbozos) pero que son demandados nos propios artigos xa creados e aparecen como enlaces en vermello. Existe unha Lista automática de artigos máis demandados. A súa creación é máis útil en canto enganden maior información a un maior número de artigos xa existentes na Galipedia.
- Non se conforme con traducir só o artigo principal. Tente coas súas traducións contextualizar o mellor posible a materia que desenvolve o artigo traducido. Moitas veces mellora a comprensión do artigo a tradución de artigos secundarios ou vinculados polo tema tratado, así como a interrelación cos artigos sobre a materia xa existentes na Galipedia (por exemplo, con enlaces internos ou incluíndo artigos na sección "Outros Artigos" do "Véxase tamén").
Notas
[editar a fonte]- ↑ Lémbrese que o obxecto deste proxecto internacional é a libre transmisión de coñecementos e para tal finalidade a tradución é un instrumento esencial. Como mostra a lexendaria Biblioteca de Alexandría que na época dos Ptolomeos, nutriuse dos coñecementos que chegaban ao seu porto. Confiscaban todo documento escrito que chegaba nos barcos e procedían á súa tradución, estudo e custodia na mencionada Biblioteca. Durante séculos Alexandría foi o lugar de occidente onde o saber acadou o seu maior desenvolvemento. Os exemplos son moitos: o papel de custodios do saber que xogaron os mosteiros durante a Idade Media baseouse en gran medida no traballo dos tradutores, ou a Escola de Tradutores de Toledo co seu importante papel nos procesos de traslación e interpretación de textos clásicos greco-latinos alexandrinos.
Votación
[editar a fonte]- A favor
- Concordo Lansbricae (Ti dirás) 08:23, 5 decembro 2007 (UTC)Lansbricae (Ti dirás) 23:35, 7 decembro 2007 (UTC)
- Concordo--Alma (fálame eiquí) 14:44, 5 decembro 2007 (UTC)
- Concordo Miguel.lima 22:58, 5 decembro 2007 (UTC)
- Concordo completamente.--QuatriNauta 09:29, 6 decembro 2007 (UTC)
- Concordo. Furado 13:04, 10 decembro 2007 (UTC)
- En contra
- Discordo Aínda que podo estar de acordo con varios dos consellos (non con todos) non pasan de ser opinións subxectivas, e como tales non deberían falar no nome de toda a Galipedia. Está ben que alguén o teña como opinión, pero niso queda, en opinión persoal. AlberteSi, digame? 15:10, 5 decembro 2007 (UTC)
- Discordo non discordo sobre os consellos, que son unha opinion personal, e como tales teñen valor, xa o dixo Alberte, e ademais unha parte diles tamen son opinion miña. Dicordo de este tipo de recomendacions sobre a traducion doutras wikis como regra da comunidad. Pode haber regras e axudas pos contribuyentes que queren traducir, porque non son traductores profesionais, e tamen pode haber regras pa facilitar a colaboracion de traductores e organizarlle o traballo. Pero regras de este tipo, pa logo irlle decir a funlanito que a sua traducion é mala, ou que non respecta estas normas. Iso non me vai. O fulanito que pon unha frase ou un artigo enteiro, que veña doutra wiki ou non, non ten importancia. O que conta é ca frase ou o artigo conveña a Galipedia, que outros contribuentes veñan destras millorando sin preocuparse si e traducion ou non. Personalmente, desde que ando mitad/mitad por duas wikis solo fixen unha vez o tipo de traducion come se di nesta proposta (de es hacia fr), fixeno porque me comprometin, mais antes de acabar, cambie toda cabeceira co meu xeito e outras fontes ElviraConversa con mi 23:35, 5 decembro 2007 (UTC)
- Discordo, mais non pola proposta en si propio, que é perfectamente válida e que comparto plenamente, senon porque uns consellos non poden ser nunca política da Galipedia. Esto estaría perfecto nunha sección de recomendacións optativas, a decisión do editor, mais nunca como política ou norma oficial.--FryantTralarí Tralará 16:36, 6 decembro 2007 (UTC)
- Discordo Creo que os consellos están moi mal redactados e estruturados, para empezar porque se sobreentende ou se camufla o debate sobre a oportunidade da tradución. En concreto empézase titulando a páxina como "Traducións doutras wikis: SI/NON, en que casos?". A seguir, sinálase contraditoriamente que "O propósito básico non é tanto de facer xuízos sobre a valía das traducións" e inmediatamente contradise de novo preguntando "contribúen tales traducións positivamente á Galipedia?, cando si e cando non?", cuestión que non se resolve no artigo. Eu creo que uns consellos sobre traducións deberían conter, entre outras, as seguintes recomendacións que non hai neste ou que están moi secundariamente:
- Hai que evitar as traducións; a Galipedia non é unha copia en galego da wikipedia española, nin da portuguesa, nin da inglesa. Ademais, en moitas ocasións temos visto que as traducións, particularmente as automáticas e as realizadas dende as wikis es. e pt., incorporan todo tipo de erros (falta de PVN, falta de referencias, etc.)
- Nos casos en que a tradución de determinados aspectos dun artigo sexa cómoda para abordar traballos grandes, tentar engadir datos doutras fontes e tamén doutras wikipedias
- Nestes casos, hai que mellorar a tradución suprimindo información relevante para a comunidade de partida (atletas alemáns que gañaron o ouro en piragüismo, por exemplo)
- Nestes casos, hai que ampliar os artigos na perspectiva galega. --Xabier Cid 17:08, 6 decembro 2007 (UTC)
- Discordo, debería revisarse máis a fondo o contido do texto, xa que nalgúns momentos semella que se está a promover as traduccións por enriba do demáis, cousa que non estou dacordo de todo, prefiro un artigo feito con contido recollido de múltiples fontes (incluídas outras wikipedias) que unha traducción dunha soa wiki. Non estou en contra por outra banda de que algúns dos consellos que aquí aparecen se recollan nunha páxina de axuda ou nunha páxina "COMO"--☣Banjo tell me 22:34, 6 decembro 2007 (UTC)
- Discordo Sigo tendo as mesmas dúbidas que expresei na páxina de conversa e coincido con bastante do que di Lameiro. Acabo de comentar na Taberna que hai cousas que non deberian ser "políticas" e esta é unha delas. É necesario algo deste tipo porque é frecuente que se pregunte "podo traducir?", pero o seu lugar sería unha páxina de axuda. --Xosé (✉) 18:58, 7 decembro 2007 (UTC)
- Discordo, cambiando así o meu voto, xa que aínda que penso que un artigo do estilo estaría ben como documento de axuda, creo que Xabier anda no certo ao criticar a súa redacción. Penso que habería que consensuar un artigo deste estilo, editándoo entre todos, e deixando clara a súa finalidade, que non é máis que orientativa. --GallaecioE logo? 19:45, 7 decembro 2007 (UTC)
- Discordo, os compañeiros que interviron antes expresaron moi acertadamente os problemas desta proposta. --Prevertgl 23:24, 10 decembro 2007 (UTC)
- Discordo Polo xa dito e polo expresado máis abaixo como comentario --Lmbuga Commons - Galipedia 15:53, 13 decembro 2007 (UTC)
- Comentarios
- Comentario Estou de acordo con Xabier Cid en que a redación é mellorable, a idea que pretende trasmitir esta proposta é a de que existe a tradución na Galipedia, queirase ou non é unha realidade, e creo que a alternativa de prohibíla sería inaplicable, descontando que persoalmente tamén o consideraría perxudicial. Que a tradución tamén tivo provocado problemas sabémolo todos. O que se pretende e sinalar unha serie de consellos, os que sexan compartidos pola comunidade, que sirvan de orientación para quen desexe facer traducións totais ou parciais, para que esa tradución produza o resultado de maior calidade posible. Claro está que se trata de consellos, cada un determina a calidade do que fai, ben según a súa vontade e tamén determinado pola súa capacidade. O que ocorre é que entre elas tamén aparecen obrigas que xa están recollidas noutras normas e que se presentan aquí coa finalidade de completar o entendemento sobre este tema concreto, é dicir, non obrigan polo feito de estar presentes aquí, xa eran de obrigado cumprimento antes por estar recollidas noutras regras.
cando si e cando non?", cuestión que non se resolve no artigo. di Xabier Cid, e contesto que tampouco era esa a pretensión, creo que o que se debe dar é unha información sobre o tema ao editor e éste en cada caso concreto debe ser o que xulgue a maior ou menor idoneidade da tradución dun determinado artigo. Non se busca sustituir o criterio do editor senon o de informarlle sobre o que pensa a comunidade do tema e o que aconsella en base a experiencia de moitos.
Estou dacordo en darlle unha maior relevancia aos puntos que sinala Xabier Cid, agás no caso de que "Hai que evitar as traducións" (concordo en que a tradución simple, literal ou automática non é o aconsellable, pero evitar as traducións soa moi xeralizante), e moito máis dacordo cando se fala de ampliar os artigos desde a perspectiva galega. Tamén concordo na aportación de Gallaecio de incorporar un véxase tamén con ligazóns, e a lóxica de Xosé de que o encabezado non pode ser o definitivo.
Creo que tamén resposto a Fryant, son consellos, similares ao Libro de Estilo, onde poderían estar englobados, ben todos ou ben a través dunha ligazón (persoalmente prefiro traballar con enlaces e máis páxinas co contido concreto para non encher de información nunha soa páxina ao lector que procura unha resposta determinada). Tamén creo que queda contestada a dúbida de Elvire , non se trata de normas, obrigas e prohibicións senon de consellos para un mellor e máis eficaz traballo nin nun instrumento para criticar a fulanito ou menganito. Aqueles que non seguen o Libro de Estilo non son recriminados por ninguén e ninguén recrimina a nadie que non teña coñecementos para aportar máis ou menos.
No que respecta ao comentario de Alberte confirmo que claro que agora son opinións persoais, o que se está a debater aquí e se leva tentando consensuar desde o 5 de outubro é as opinións que compartimos todos sobre este tipo de actividade presente no noso proxecto, e que opinións e consellos podemos dar a aqueles que descoñecen o entorno wiki.
Neste caso existen moitos votos xa feitos polo que a retirada da proposta para procurar maior consenso creo que sería unha falta de respeto para aqueles que votaron, polo que non me atrevo a cancelala. Tanto como si sae aceptada como senon creo que dialogar sobre este tema e concretar uns consellos consensuados baseados na experiencia e saber de toda a comunidade sobre o tema sería moi aconsellable. Lansbricae (Ti dirás) 11:49, 7 decembro 2007 (UTC)
- Comentario Eu non voto porque non podo, pero deixo a miña opinión. Eu diferenciaría dous tipos de artigos: 1) os que fan referencia a temas exclusivamente galegos (xeografía, artes, personaxes, sucesos, institucións, historia, etc.) e 2) temas xerais (ex. ciencias) ou que fan referencia a outras partes do mundo. No caso 1) penso que nunca se debería recurrir á traducción salvo que sexa para complementar o corpo principal do artigo. Non ten sentido traducir da wiki española un artigo sobre Vigo, por exemplo, sobramos vigueses que podemos describir perfectamente a nosa cidade desde a nosa perspectiva. No caso 2) paréceme moi válido para a Galipedia o uso da traducción. Por exemplo eu traducín artigos da wiki italiana das rexións italianas. Por moito que eu coñeza esas rexións, sempre vai ser máis completa a visión dun italiano que a miña. Do mesmo xeito que un galego, a non ser que viva alí, difícilmente terá un coñecimento tan detallado da guerra suxa arxentina como para acadar o nivel que poda ter o artigo da wiki es. A traducción paréceme un boa base para se alguén ten un coñecimento mellor do tema en cuestións faga as súas aportacións e reforme o artigo desde a súa propria experiencia. --Jonathan Chapela 17:14, 7 decembro 2007 (UTC)
- Comentario Observo -é unha opinión persoal- que o espírito que hai por tras da elaboración desta proposta é positivo: Axudar a usuarios con poca experiencia, que non se traduzan artigos parcialmente,... Así a todo, coincido coas críticas en que son consellos e en que polo tanto máis ca estar este texto entre as políticas, podería -remodelado- formar parte da categoría axuda, se ese fose o único problema, pero hai máis problemas. Hainos xa na presentación da proposta (non vou entrar no corpo, por non ter máis tempo)
O problema que vexo a maiores é que non estou de acordo con valoracións que se realizan. Estou totalmente en desacordo con todo o texto do título Consideracións xerais, por exemplo,
- Traducir doutras wikis é unha actividade en xeral moi beneficiosa para a Galipedia.
Discordo: Este texto parece animar á tradución en vez de a creación de artigos. Ademais creo que só é beneficioso porque pode aumentar cuantitalivamente o valor da Galipedia (maior número de artigos), pero esa mellora non é necesariamente cualitativa, o máis seguro, salvo que o usuario sexa especialista naquilo que está a traducir, poida confirmalo, poida engadir datos e fontes, non o sexa. Entendo que é unha pésima entrada na cuestión e, amais, está salientada en negriña. O razoamento que vén a continuación seméllame descorazonador, preferiría que puxese que somos poucos pero que procuramos traballar ben pois, desde que eu non teño case actividade nestes lares, creo que os avances na procura da calidade son moi evidentes.
- Traballar nunha tradución, en troques de comezar desde cero, é tal vez menos "egocentrista", pois recoñece tanto a validez do traballo xa feito polos demais como o valor do traballo en equipo (todas as aportacións son válidas, as pasadas e as futuras).
Non podo concibir que comezar un artigo desde cero na Galipedia, socializando os propios coñecementos, poida ser un acto egocentrista (de novo parece animarse á tradución en vez de a creación de artigos). Así a todo, creo entender o que queren dicir esas liñas, queren dicir que non está de máis botarlle unha ollada ó que hai noutras Wikipedias (pero é un consello, non unha política) porque facilita e arriquece tanto se o material doutras wikipedias está ben como se está mal. Quere dicir, ademais, que non se debe minusvalorar a outros usuarios, sexa cal sexa a súa orixe, pero creo que iso sobra, que non procede aquí. Tamén creo que este texto toma postura ó ter como punto de partida a consideración de que é preferible primar na Galipedia a cantidade e non a calidade.
Con respecto ás consideracións éticas, estou de acordo coa segunda, pero creo que se debería incluír, en tal caso, dentro das políticas que haxa sobre referencias (quizais como exemplo), inda que probablemente sexa controvertido indicar -téñoo pouco pensado- que non se poden (para que non sexa un consello) subir artigos doutras wikipedias se un non ten coñecementos no campo e os mesmos non teñen referencias ou bibliografía. A primeira consideración
- Xamais se debe traducir dun artigo do que non esteas seguro que non ten copyright.
é válida, pero non estou seguro de que engada algo ó expresado noutras políticas (léase Wikipedia:Cousas que non se deben facer#Nunca copie na Wikipedia material doutras fontes)
Con ese inicio, o meu voto, inda que a elaboración desta proposta fose realizada para abrir futuro, posto que o futuro que albisco na proposta non me parece o máis encomiable, é negativo. --Lmbuga Commons - Galipedia 15:52, 13 decembro 2007 (UTC)
Comentario En liñas xerais concordo, pero con matices; de aí que faga un comentario sen me decantar oficialmente a prol ou en contra. En primeiro lugar, paréceme obvio que se a Galipedia quere medrar, debe poder contar coa opción das traducións doutras Wikipedias. Agora ben, cómpre sermos moi coidadosos cos artigos que escollemos para a tradución e sermos realistas á hora de recoñecer as propias limitacións lingüísticas. Dou algúns exemplos das suxestións que eu engadiría a este respecto:
1) As traducións da Wikipedia castelá son moi perigosas. En primeiro lugar porque é moi doado deixarse levar polo "decalque" lingüístico e existe un grandísimo risco de proliferación de castelanismos. En segundo lugar porque moitísimos dos artigos son á súa vez traducións doutras Wikipedias (sobre todo da inglesa), e como regra xeral, nunca se debe traducir a partir dunha tradución.
2) Estou de acordo en que o ideal é a creación de novos artigos, especialmente aqueles directamente relacionados con Galiza e a súa cultura. Porén, non considero factíbel unha Galipedia que só conteña artigos de propia creación, pola dificultade do proceso e polo menor número de "escritores" respecto a outras Wikipedias. Alén diso, gústenos ou non, para a maioría dos temas de "cultura global" (por exemplo, ciencia, videoxogos, cinema, xeografía mundial, etc.), a Wikipedia en lingua inglesa é a máis fiábel, exhaustiva e controlada de todas. Por iso considero que debemos tirar partido dela. Isto non significa que non se deba facer un labor de "localización" á hora de traducir, e que non se poidan facer adaptacións para adecuar as traducións á Galipedia, peneirando a información e someténdoa a unha ollada crítica antes de incluíla aquí.
3) Como dixen arriba, é necesario concienciarse de que o labor de tradución debe ser o máis preciso posíbel, principalmente porque o traballo de revisión é bastante complicado a posteriori. Por iso cómpre ter un bo coñecemento do tema tratado e sobre todo da lingua desde a que se traduce. Aquí entra o dito antes sobres as propias limitacións: a min no se me ocorre porme a traducir un artigo de química orgánica en francés porque a miña competencia en ambos os eidos é limitada. As veces as más traducións son evidentes e fáciles de corrixir, mais outras é imposíbel atopar a referencia orixinal. Desculpade se me estendín de máis no meu comentario, mais son cousas que considero deben ser ditas aquí. Grazas por escoitar e un saúdo. --Manudosde 21:13, 14 decembro 2007 (UTC)