Wikipedia:Votacións/Retirada do privilexio de administrador a Moderador
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Retirada do privilexio de administrador a Usuario:Moderador
Período de votación: - 19-09-2007
SI: 10 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
Ante a situación actual, propoño que se abra unha votación para quitar a Usuario:Moderador os privilexios dados por alguén de novo (o 7 de setembro en Mediawiki), ata que alomenos se aclare que é (persoalmente non considero que iso sirva para nada construtivo) ou definitivamente. Lansbricae (Ti dirás) 20:38, 8 setembro 2007 (UTC)
* Concordo.Lansbricae (Ti dirás) 20:38, 8 setembro 2007 (UTC)
- Concordo Lansbricae (Ti dirás) 16:56, 9 setembro 2007 (UTC)
* Concordo Alma 21:53, 8 setembro 2007 (UTC)
- Concordo Alma 16:55, 9 setembro 2007 (UTC)
* Concordo. Supoño que, polo ben de todos, isto farase a curto prazo, non beneficia a ninguen a situacion actual deste usuario (se me permetides o xogo de palagras: mais que títere agora é un moni-crego) --Maañón 13:24, 9 setembro 2007 (UTC)
- Concordo, na situación actual non ten ningún sentido--Rocastelo(fálame aquí) 14:10, 9 setembro 2007 (UTC)
- Concordo. Por certo, a efectos prácticos o voto de Maañón non é valido de acordo con Wikipedia:Votacións, polo que fan falla máis votos positivos para levar adiante a proposta. -- AlberteSi, digame? 15:42, 9 setembro 2007 (UTC)
- Concordo --Prevertgl 15:44, 9 setembro 2007 (UTC)
- Concordo --Eu xa non entendo nada, pero por non votar que non sexa--Emilio juanatey 16:27, 9 setembro 2007 (UTC)
- Concordo--Hugo22 16:34, 9 setembro 2007 (UTC)
- Concordo --Xosé (✉) 16:35, 9 setembro 2007 (UTC)
- Concordo--Fryant 18:41, 9 setembro 2007 (UTC)
- Concordo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:44, 9 setembro 2007 (UTC)
- Discordo. Non vexo motivo para retirar o permiso de administrador a Moderador. Non sei quen é ou deixa de ser, ao igual que non sei quen son a maioría do resto de usuarios da galipedia, e non por iso se lle debe de quitar un permiso a alguén. Sendo o máis objetivo que podo ser, dende que estou aquí este usuario dedicouse a combatir o vandalismo, nunca vin que fixera algo non debido, de ahí o meu voto. --☣Banjo tell me 21:00, 9 setembro 2007 (UTC)
- Non podo votar
- Non entendo moito o que se pasa desde agosto na Galipedia. Pero esta proposta de voto non me parece normal porque non di claramente o obxecto diste voto. É un pouco coma se falabamos dos rumores do vento. Eu comprendin que este usuario é un dobre doutro. Iso en se non é un problema. Cando unha persoa ten dous usuarios, o unico problema é que non vote cos dous usuarios. E aqui non se sabe exactamente cal é o problema. Podo supor mais ben un problema de persoas que buscan a verdade. Iso esta ben, pero non se arranxa con actuacións que non teñen sentido. Para mín ten alguén que expor claramento os delitos deste usuario, a parte de ser o dobre doutro usuario ? Este tipo de voto dá a impresion que hai unha banda de limpadores que lle van sacar todos os vicios á galipedia actuando como bandoleiros. A Galipedia merece un xeito mais suave.
Andei mirando as contribucións de Moderador e non vexo delito ningún, pero se cadra non me dei conta, que alguén mo explique sinxelamente. Polo onde vai o pecado mortal ? Agradezo moito a atencion Elvire 16:00, 15 setembro 2007 (UTC)
- Comentario. Pode ver o exposto na páxina de Usuario:Moderador posta por varios administradores. Pode tamén ver a explicación que deu Usuario:Rocastelo no talk da páxina de conflictos de agosto (na taberna) sobre a finalidade que tiña o user:Moderador, que non se trata dun usuario común senón dun administrador comodín a utilizar polos administradores. Chegou un momento en que este administrador foi utilizado en beneficio propio por parte dun administrador para tratar de pechar unha discusión, vexa Conversa:1 de xaneiro, e xa en setembro volveu a ser dado de alta como administrador por parte dalgún dos burócratas en activo naquel momento (Xelo2004 xa non o era) e apareceu como un crego que voltou das misións para erradicar o vandalismo na Galipedia. O feito de que se faga a votación sen tentar buscar máis fundamentos creo radica no convencemento de que buscando as respostas que faltan non se lle estaría a facer ningún ben a Galipedia. Pode tamén ver na páxina de Resolución de conflictos caso de agosto a intervención dun bibliotecario da wiki española explicando que os administradores títeres non son válidos senón está publicitada a súa existencia e como podemos saber quen foi o burócrata que lle diu de alta de novo anulando a baixa feita por outro administrador días antes. Creo que se pode entender que aínda que as motivacións que levaron a creación deste usuario no seu momento foran moi loables na actualidade demostrouse que se trata dun instrumento que pode ser usado do mesmo xeito para facer boas cousas como para facelas malas. --Lansbricae (Ti dirás) 16:30, 15 setembro 2007 (UTC)
- Terás a razon do teu lado para os que coñecen o asunto. Isto non impide, Lanbriscae, que esta votacion non permite ao meu parecer, coa proposta que leva un voto a calquera colaborador porque non leva explicacion suficiente encima dos votos. Ao meu parecer levas metodos que se parecen aos que dis que non che gustan. Pero non preocuparse, sigo colaborando en espera que veña serenidade na Galipedia. Un saúdo cordial pa todos Elvire 21:35, 15 setembro 2007 (UTC)