Wikipedia:Votacións/Wikipedia:A Galipedia é unha enciclopedia en galego, pero non só
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Votación da proposta de política Wikipedia:A Galipedia é unha enciclopedia en galego, pero non só
Período de votación: 20/11/2015 - 20/12/2015
SI: 6 — NON: 4 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: non aprobada |
Proposta redactada por Usuario:Xabier Cid xa hai uns anos, modificada e actualizada coas consideracións de varios usuarios (ver a conversa da proposta). En resumo, a proposta explica situacións nas que os artigos da Galipedia non só deben tratar sobre Galicia, senón dar unha visión máis xeral, e outras situacións nas que algúns artigos ou temas si poden ter unha relación relevante con Galicia que debería incluírse.
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 20 de novembro de 2015 ás 07:36 (UTC)[responder]
- Concordo --Elisardojm (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 08:54 (UTC)[responder]
- Concordo --Norrin (Fálame) 20 de novembro de 2015 ás 09:29 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 10:12 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 17:08 (UTC)[responder]
- Concordo. --Agremon(contacto) 20 de novembro de 2015 ás 22:30 (UTC). De calquera xeito, estimo que é unha páxina que debera quedar nun segundo nivel de acceso (é dicir, dar difusión restrinxida, para non sobrecargar á xente que chega nova)[responder]
- En contra
- Discordo, cando teña tempo explicarei por que. --Piquito (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 11:02 (UTC)[responder]
- Discordo. Eu vexo isto máis como un ensaio. Unha disertación ou estudo, unha guía ou un conxunto de recomendacións. Non vexo a necesidade, utilidade, pertinencia... de facer dilo unha norma (das de Wikipedia:Políticas e normas). Noutras wikis fan clara diferencia entre os dous conceptos (as normas son unha cousa e os ensaios outra), nós non, e quizais deberíamos. --. HombreDHojalata.conversa 20 de novembro de 2015 ás 22:47 (UTC). Agora que temos o marcador {{ensaio}} (grazas Banjo), penso que é o acaído para esta páxina. --. HombreDHojalata.conversa 17 de decembro de 2015 ás 10:46 (UTC)[responder]
- Discordo. Vexo o texto tamén máis como recomendación que como norma e dou máis datos nos comentarios.--Jglamela (conversa) 22 de novembro de 2015 ás 16:01 (UTC)[responder]
- Discordo, por cuestións como os "problemas e relevancia" ou o emprego do termo "desgaleguizar" co que isto pode implicar --Castelao (conversa) 16 de decembro de 2015 ás 12:39 (UTC)[responder]
- Neutros
Comentarios
[editar a fonte]- Pregunta:. Hai algunha política semellante na Wikipedia nalgunha outra lingua? --. HombreDHojalata.conversa 20 de novembro de 2015 ás 15:20 (UTC)[responder]
- Comentario Penso que non, pero non estou seguro. Pola noite dou unha volta polas outras linguas, a ver se atopo algo semellante. ☣Banjo tell me 20 de novembro de 2015 ás 16:25 (UTC)[responder]
- Non quero extenderme moito, en resumo:
- O chamado "Problema da relevancia", para min sobra. A frase "é un artigo sobre X de nacionalidade Y; ten relevancia na wiki do idioma Y pero non fóra dela" non é acertada. En xeral dá a sensación de que os artigos de personalidades de pouca relevancia (por poñer un exemplo) poden estar na Galipedia se están relacionados con Galiza pero non se se trata de outro tipo de artigos. Ten menos relevancia un artigo sobre un xornal local que se editou uns meses nunha localidade galega que un ciclista chino que correu un ano a Volta a Burgos? Creo que todos teñen relevancia enciclopédica sempre e cando estean ben referenciados.
- Non me gusta a redacción. Exemplo: No campo da ciencia moitos temas son conceptos universais que non sempre teñen un aspecto galego que sexa necesario ou posible salientar. Por exemplo, podemos establecer os seguintes tipos de páxinas. Ese inicio da sección dos "Casos particulares" pon nun lugar primordial á ciencia, cando en realidade hai moitos campos de coñecemento para os que non hai referencias en galego ou moita relación con Galiza (a música, a pintura, a escultura, a arquitectura, moitos deportes...) Todos os exemplos de "temas universas" son de ciencia (ben podería ir nos exemplos calquera sinfonía de Beethoven, un cadro de Rubens... e mil cousas nada relacionadas coa ciencia, o mesmo pasa con outras seccións dese mesmo apartado (temas estudados por grandes institucións de investigación ou dependentes dos gobernos dos países máis importantes e avanzados en materia científica, ou a frase literatura científica -cántos libros de referencia de historia da música están en galego? ningún-, amais de outros moitos exemplos) Creo que se lle dá á ciencia máis relevancia da que en realidade ten.
- Non me parece acertado dicir que un artigo sen contidos en galego (cando os podería ter) debe ser neutralizado con contidos galegos, para min iso non é neutralizar.
Non lembro agora mesmo se había algo máis, o que considero máis relevante xa o dixen. De caquera xeito non considero que esta sexa unha política necesaria e directamente prescindiría dela. No caso de ser aceptada hai que repasar a ortografía, xa que hai erros ortográficos. --Piquito (conversa) 20 de novembro de 2015 ás 22:28 (UTC)[responder]
- Comentario . HombreDHojalata., respondendo a pregunta, non atopei unha política exactamente igual, pero hai ensaios/guías/normas que poderían considerarse semellantes noutras wikis, cada unha trata o seu caso particular no contexto da súa propia wiki e lingua: en:Wikipedia:Describing_points_of_view#English_language, es:Wikipedia:Sesgo intrínseco, fr:Wikipédia:Guide d'internationalisation, it:Wikipedia:Localismo ☣Banjo tell me 20 de novembro de 2015 ás 22:35 (UTC)[responder]
- Comentario Comparto a parte do texto referente a “Demasiado galego”, que polo que puiden ver se é a única parte do artigo que se parece ás políticas das linguas que mencionou Banjo.
- Non entendo a que vén a sección “Problema de relevancia”, non creo que teña relación co resto do texto.
- En canto a “Demasiado pouco galego” entendo que pode ser interesante que certos artigos teñan referencias a Galicia, mais non vexo o problema de que non as haxa en telenovela, dominó, dirixible ou, por exemplo, Prince, Arthur Penn ou Franco Battiato, que pasaron por Galicia.
- Os “Casos particulares”, que tamén comparto que non ten sentido “galeguizar” son tantos que máis ben parece que as excepcións son os “galeguizables”.
- Por último, cando se fala de galeguizar refírese a Galicia ou os territorios de fala galega? Por exemplo, hai que incluír en deporte os xogos tradicionais do Bierzo? Hai que destacar a presenza da Orde dos Freires Menores no occidente asturiano? Débense incluír estatísticas ou causas do desemprego nas Portelas?--Jglamela (conversa) 22 de novembro de 2015 ás 16:01 (UTC)[responder]